Noticias de Hoy
Vaya Tela
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 12/11/2015
Horario: 19:00

Xucrut Teatre, presenta en Lugo: ¡Vaya Tela!

O día 12 de novembro, a compañía catalana Xucrut Teatre, representará en Lugo o espectáculo "¡Vaya Tela!" sobre o actual sistema de consumo de roupa co obxectivo de promover unha reflexión común.

O grupo de traballo de “Lugo, cidade polo comercio xusto”, conformado polas ONG A Cova da Terra, Asemblea de Cooperación Pola Paz, Bico de Grao S.Coop.Galega, Mans Unidas e Taller de Solidaridad, segue dando os pasos necesarios para acadar o estatus de Cidade polo Comercio Xusto coa implicación das pymes e do sector hostaleiro da cidade e o apoio do Concello e da USC, ao tempo que continúa na súa labor de sensibilización arredor do consumo responsable.

Deste xeito, dentro do proxecto “Tecendo Conciencias” traen a Lugo o espectáculo ¡Vaya tela! da compañía Xucrut Teatre que viaxa da realidade dun taller de costureiras de Galicia á actividade frenética dunha tenda. Somos o que vestimos? Vestímonos como somos? Situacións sobre consumo de roupa cheas de humor para reflexionar e desvestir inercias cotiás.

Sobre esta premisa desenvólvese un espectáculo que se representará no Auditorio Gustavo Freire o día 12 de novembro en dúas sesións; unha pola mañá dirixida aos centros educativos da cidade e outra pola tarde ás 19hr aberta ao público xeral. Os centros de estudos interesados en asistir poden contactar a través do correo lugoxusta@gmail.com

Así mesmo o grupo de traballo anima a tódolos lucenses a asistir á xornada e a implicarse activamente na campaña.