Noticias de Hoy
xornadas
Fecha: 26/03/2014 a 27/03/2014

Xornadas Culturais Marzo 2014

Estas xornadas están abertas a todo o público, polo que convidamos a todas aquelas persoas interesadas en coñecer a nosa actividade a asitir aos actos.

Destacamos a presenza de Mini e Mero, o mércores 26 ás 19 horas na sala de actos, para inaugurar as xornadas, que este ano chamamos ”E nas linguas … o tamaño importa?”, co fin de centrarmonos na dualidade: linguas minoritarias – linguas maioritarias.

O xoves 27 ás 17:30 haberá un panel de relatorios sobre diferentes linguas (galés, ocitano, alemán/francés en Suiza) que abrirá o paso a un debate sobre o tema.

Ás 20 horas, haberá unha mesa redonda sobre os medios de comunicación e o uso do galego á que asistirán representantes dos diarios Novas da Galiza, Sermos Galiza, Diário Liberdade e La Voz de Galicia.

Durante todo día representarase un mercado nas linguas que se dan na escola, no que ademais de vender diferentes tipos de produtos, haberá representacións teatrais, lectura de contos e poemas, baile, Tai Chi e Kung Fu, e moitas cousas mais.

A recadación do mercado destinarase á asociación de recente creación: Capaces Lugo, creada para apoiar ás personas con Trastorno de Espectro Autista (TEA), e trastornos da comunicación.

XORNADAS CULTURAIS MARZO-2014 – EOI DE LUGO

Mércores, 26 de marzo
19:00 Concerto de Mini e Mero

Xoves, 27 de marzo
09:30 Lo Patoès: ço que era e adara ço que demora
10:30 St. Patrick’s Quiz
10:30 Inauguración do mercado: Flohmarkt
11:00 Presentación sobre Berlín. Shari Wittur
11:00 Le Bistrot du Marché
11:00 Lectura literaria en Béarnais
11:00 Mercato solidare
12:00 Fleamarket
12:00 Finger Food Contest
12:00 Laboratorio de pizza
12:00 Obradoiro de teatro de sombras chinesas
12:30 Flohmarkt
12:30 Concurso de Elfchen
12:30 Concurso de Haikus
13:30 St. Patrick’s Quiz
16:00 Mercado de troco: libros DVD e CD en todas as linguas
16:00 Concurso de limericks
16:00 Bookswap market
16:00 Lectura de fragmentos das obras dalgúns escritores da Touraine
16:30 Feira da primavera
16:30 Recital de literatura de tradición oral.
16:30 Obradoiro de Tai Chi e Kung Fu
16:30 Lo Patoès: ço que era e adara ço que demora
16:30 Flohmarkt
17:00 Kiswahili Language
17:30 Panel de relatorios: E nas linguas … o tamaño importa?
• Neil Wykes: Por que non falo galés?
• David Torreira: O bilingüismo na cidade de Biel/Bienne
• Darío Xohán Cabana: O caso do occitano
17:30 Debate
18:00 Lectura de contos.
19:00 St. Patrick’s Quiz
19:00 Confronto Nord/Sud.A riqueza sociolingüística italiana.
19:00 Obradoiro: A interpretación consecutiva.
19:00 Presentación da exposición fotográfica sobre o Holocausto Nazi
19:00 Presentación do concurso fotográfico: Kein Mensch ist Illegal.
19:00 Teatro de sombras chinesas
19:00 Seminario: Culturas populares brasileiras.
19:30 Mercado chinés: Venda de marcapáxinas.
20:00 Mesa redonda: Os medios de comunicación escritos e o uso do galego.
20:30 Introdución á danza escocesa.
20:30 Xogos: Tabú
20:30 Concurso musical: Lyricstraining
20:30 Flohmarkt
20:30 Concurso de Elfchen

Web: www.edu.xunta.es