Noticias de Hoy
xornada Lugo cidade xusta logos
Fecha: 26/05/2014
Horario: 18:00

Xornada de sensibilización aberta: Comercio Xusto

Co obxectivo último de declarar Lugo como unha cidade polo Comercio Xusto, a asociación A Cova da Terra, que foi a primeira tenda de Comercio Xusto que se abriu en Galicia hai 19 anos, e fundadora da Coordinadora Estatal, quere promover a construcción dunha localidade que achegue os produtos de Comercio Xusto á cidadanía a través das administracións, comercios, empresas e tecido asociativo.

Para tal fin, organiza unha primeira xornada de formación na que tras un breve repaso ao concepto de comercio xusto, se informará das diferentes opcións de compra deste tipo de produtos así como o que implica a obtención da categoría de Cidade por un Comercio Xusto, que nestes momentos xa ostentan 10 cidades en toda España e que se está a tramitar en outras 25.

Esta actividade está especialmente dirixida a hostaleiros/as e a axentes de contratación pública (persoal técnico e político da administración pública lucense) e conta co financiamento e apoio do Concello de Lugo.

A cita será o luns día 26 de maio en horario de 17.00 a 19.00 hr no local que a asociación ten na rúa das Nóreas nº 12 - baixo. Ao remate da xornada, as persoas asistentes poderán degustar produtos procedentes do comercio xusto.