Noticias de Hoy
cartel
Fecha: 08/03/2024 a 10/03/2024
Horario: 20:00

XLI Feira do Viño de Chantada

A XLI Feira do Viño de Chantada, que terá lugar do 8 ao 10 de marzo, abre as Feiras do Viño na
Ribeira Sacra.  Esta 41 edición terá como pregoeira, o domingo ás 13:00h. á escritora pontevedresa, Fina Casalderry, autora, principalmente de literatura infantil, ten recibido numerosos recoñecementos pola súa obra e traxectoria literaria e educativa, como o Premio da Cultura Galega no 2015.

Este ano comonovidade farase unha homenaxe aos viticultores, será o domingo antes do pregón e correrá por conta de Queiman e Pousa e a entrega de premios aos mellores viños da Feira do Viño de Chantada terá lugar despois do pregón e non durante o xantar desa xornada.

 

Programa completo da XLI Feira do Viño de Chantada

Venres, 08 de marzo
20:00 h. Apertura de stands das adegas participantes.
23:30 h. Grupo Tattoo

Sábado, 09 de marzo

11:30 h. Actuación Grupo de Zanfoñas da Tradescola de Lugo
12:00 h. Actuación "Agrupación Tradicional da Casa da Música"
13:00 h. Concerto da Banda de Música de Chantada.
17:00h. Actuación “Charanga Union Phenosa”, “Festicultores Troupe”
De 17:30 h a 19:00 h. VIII Cata Popular na carpa principal.
21:30 h. Orquestra Solara
00:30 h. Orquestra Compostela.

Domingo, 10 de marzo
10:30 h. Cata Oficial da XLI Feira do Viño de Chantada.
11:30 h. Gaiteiros “Os Barrios”.
11:30 h. Charanga “NBA”.
12:00 h. Banda de Gaitas do Concello de Chantada.
12:30 h. Representación "de Pura Cepa" (homenaxe @s viticultores).
13:00 h. Pregón da XLI Feira do Viño a cargo de Dna. Fina Casalderrey Fraga.
13:30 h. Entrega de Premios da XLI Feira do Viño de Chantada.
16:30 h. Charanga “NBA”.
16:30 h. Charanga “Louband”.
21:00 h. Orquestra Saudade.