Noticias de Hoy
Viva o veran 2014
Fecha: 01/07/2014 a 30/09/2014
Horario: 01:00 a 01:00

Vive o verán 2014

Vive o verán! - Programa de Obradoiros e Actividades no MPLugo

¡Descarga todo o programa premendo aquí!

Os días de xullo e agosto son diferentes e máis luminosos, xeralmente alleos a rutinas e maioritariamente de folganza e relax. Viaxamos, paseamos, descansamos e tratamos de recuperar forzas e enerxía para a seguinte xeira escolar ou de traballo.

Desde os museos da Rede Museística intentamos que o teu verán sexa, ademais de entretido e divertido, proveitoso. A tal fin elaboramos un amplísimo programa de actividades pensadas para todas as idades, desde os 4 aos 1.300 anos (de darse o caso) para que ninguén quede á marxe das propostas que os nosos museos poden ofrecer. Obradoiros para que se exprese a túa capacidade creativa, sexa cal sexa a técnica que máis che poida interesar (pintura, escultura, gravado, musivaria, fotografía, muralismo, ourivería, música, cine …), campamentos de arqueoloxía para que experimentes a emoción da descuberta do pasado aínda oculto, traballos manuais para conseguir elaborar fermosas prendas ou obxectos, desde un mosaico ata un abano. Tamén temos actividades arredor da gastronomía e alimentación, ou para a aplicación de diferentes tecnoloxías que nos van permitir coñecer mellor o medio e o mundo no que vivimos e como, se for preciso, podemos influír para cambialo.

Para elaborar este amplo programa que vos propoñemos tivemos en conta as propostas dos membros dos clubs da Rede Museística, desde os máis cativos de Pequeamig@s, os mozos e mozas do Club Ei! ata os máis veteranos do Club Sénior. Todos eles e elas participan ao longo do ano en múltiples actividades nos museos da Rede e do seu compromiso e experiencia aprendemos que os museos son motores activos imprescindibles para o desenvolvemento social e cultural das comunidades.

Desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a través dos museos integrados na Rede Museística adquirimos o compromiso de servir á nosa sociedade, de usar os fondos que custodiamos para proveito de todos e todas. Por iso cada un dos catro museos integrados na Rede Museística ten un programa específico, adaptado ás especificidade dos seus fondos e dos grupos ou colectivos interesados.
Unha proposta, en definitiva, que agardamos atraia tamén aos que non teñen o hábito de visitarnos e para que á volta do estío digan connosco: Viva o verán!

ACTIVIDADES NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

1.- Pintura creativa
Estes obradoiros de verán teñen dúas vertentes, por un lado trátase de, a través das cores, da pintura, do debuxo, é dicir, as técnicas hoxe tradicionais, canalizar a imaxinación e a sensibilidade innata dos nenos dotándoos de ferramentas expresivas que poidan acompañalos na súa vida. O seu interese, mais alá do puramente formal, reside na necesidade de experimentar a materia, os materiais; tan necesario no mundo tecnolóxico hoxe.
1ª quenda: de 4 a 8 anos. Xullo e agosto, de luns a venres.
2ª quenda: de 9 a 12 anos. Xullo e agosto, de luns a venres.

1.1.- Mundo de cores no museo
Gozar aprendendo as cores primarias, secundarias, frías e quentes, como se forman e que sensacións producen. Sentir as relacións sinestésicas das cores, moi persoais pero moi latentes nos nenos. Relacionar as cores, as sensacións que producen con outros sentidos. Comprobar esas sensacións, eses descubrimentos nalgunha obra dos museos. No de Lugo a través da obra de Julia Minguillón e dos carteis de Manuel Bujados, Armando Suárez Couto e Camilo Díaz, así como na obra de José López Guntín e Jesús Blas Lourés.
1º sesión: Maxia no museo
2º sesión: A simboloxía das cores
3º sesión: As sensacións das cores
4º sesión : Cores frías e quentes
5º sesión: As cores do museo

1.2.- A interacción da cor
Observar a acción das cores e sentir o seu parentesco. Desenvolver a vista para a cor a través da experiencia, mediante o tenteo. Desenvolver a conciencia da interdependencia da cor coa forma, a ubicación, a cantidade (extensión), a calidade (intensidade luminosa e tonalidade) e a acentuación (por límites que unan ou separen) Comprender que as cores provocan estímulos diferentes en función dos parámetros anteriores. Aprender a potenciar estas calidades.
1º sesión: Contraste de borde simultáneo
2º sesión: Contraste cromático simultáneo e sucesivo
3º sesión: Asimilación
4º e 5º sesións: Contorna e límites; visibilidade e lectura

1.3.- Modos de ver
1ª quenda: de 4 a 8 anos. Xullo e agosto, de luns a venres.
Pensar a través do xogo que non só podemos ver, senón tamén ser vistos. Isto fai que formemos parte do mundo visible. Compartir as experiencias de cada un dos nenos artistas co mundo do visible: como me vexo eu, como me ven os demais e como vexo e interpreto as obras. Relacionar o visible coa identidade, coa personalidade.
1º sesión: Os meus ollos
2º sesión: Como me vexo eu e como me ven os demais
3º sesión: Diferenzas entre as imaxes e as obras de arte
4º sesión: Cambio de identidade
5º sesión Trato- retrato

2ª quenda: de 9 a 12 anos. Xullo e agosto, de luns a venres.
Reflexionar sobre o mundo visible, a realidade que habitamos e a relación entre ambas. Pensar que o que sabemos intervén no modo en que vemos as realidades. Experimentar e entender que a presenza dunha obra de arte é máis importante que entendela. Aprender a ver as obras do museo no presente para cuestionarnos os interrogantes adecuados do pasado.
1º sesión: O mundo do visible
2º sesión: A nosa visión da arte do pasado a través das obras do museo.
3º e 4º sesións: Cambios nos modos de ver: a invención da
cámara fotográfica. O fluír do visible na pintura.
5º sesión: A publicidade e a pintura.

1.4.- Creación pura e colectiva
Creación dun cadro de gran formato entre todos os nenos, por quendas, entendendo que un cadro no é simplemente un obxecto senón un rexistro das propias pulsións (existencialistas).
1ª quenda: de 4 a 8 anos. Xullo e agosto, de luns a venres.
2ª quenda: de 9 a 12 anos. Xullo e agosto, de luns a venres.

1.5.- Aprender a debuxar
1ª quenda: de 4 a 8 anos. Xullo e agosto, de luns a venres.
Experimentar o debuxo como unha actividade puramente humana. Descubrir outras formas de ver as formas e aprender a plasmalas. Xogar diferenciando manchas e liñas. Curiosear as formas animais e reinventalas.
1º sesión: Debuxos con nome e sen nome
2º sesión: Percibir a forma dun espazo a través dos animais
3º sesión: Contornas dos animais
4º sesión: Debuxar espazos e contornas
5º sesión: Debuxar coa beleza das cores

1.6.- O debuxo e a arte de montar en bicicleta
2ª quenda: de 9 a 12 anos. Xullo e agosto, de luns a venres.
Perder o medo a debuxar de maneira realista, habilidade básica de toda arte. Aprender a ver, sexa cal sexa o estilo que elixa para expresar a súa vision das cousas. Exercitar a vista sen preocuparse excesivamente do que derive desa práctica, que é o obxecto real do debuxo en si mesmo.
1º sesión: O cerebro; as súas metades dereita e esquerda
2º sesión: Percibir a forma dun espazo: aspectos positivos do espazo en negativo
3º sesión: Elusión do sistema de símbolos: marxes e contornas
4º sesión: Unha nova realidade de relacións
5º sesión: O zen do debuxo, como facer saír o artista que temos dentro
Horario:
1ª quenda: de luns a venres, de 10:30 a 12:00 h.
2ª quenda: de luns a venres, de 12:00 a 13:30 h.
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición
Datas: Xullo e agosto. De luns a venres
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

2.- Gravado
Coñeceremos as principais técnicas de gravado a través da teoría e a práctica, utilizando distintas ferramentas. Cada participante levará a obra realizada por el.
Idades: de 9 a 12 anos
Horario: de 11:00 a 12:30 h.
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición
Datas: Xullo e agosto. De luns a venres
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

3.-Arte e emocións: expresión emocional a través da arte
Achegar a intelixencia emocional aos máis pequenos de xeito creativo, diferente e divertido. A partires da arteterapia os profesionais que imparten o obradoiro crearán dinámicas divertidas e creativas para facilitar a identificación e a expresión emocional dos nenos e nenas.
Idades: de 4 a 8 anos
Horario: de 11:00 a 12:30 h.
Prazas: 12 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 7 e 8 de xullo
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

4.-Resoando: arte e comunicación
Favorecer a comunicación e a libre expresión a través das linguaxes artísticas. A través da linguaxe simbólica da arte brindarase un espazo para a comunicación e a expresión de ideas e emocións.
Idades: aberto a todo o colectivo de PC (Parálise cerebral)
Horario: de 11:00 a 12:30 h.
Prazas: 8 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 9 e 10 de xullo
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

5.- Deseña as túas xoias
Percorreremos a evolución da ourivería do MPLugo e deseñaremos e faremos as nosas xoias.
Responsables: María Losada Montenegro e Lucía Dequidt Lagares, departamento de Didáctica do MPLugo.
Idades: de 6 a 9 anos
Horario: de 11:00 a 13:00 h.
Prazas: 20 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 1, 2 e 3 de xullo
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

6.- Entre o Greco e Corredoira
Partindo dunha obra de Xesús Rodríguez Corredoira, achegarémonos á pintura do Greco para conmemorar o cuarto aniversario da súa morte.
Responsables: María Quiroga Figueroa, técnico do MPLugo e Paula Salinas Somoza, departamento de Didáctica do MPLugo.
Idades: de 8 a 12 anos
Horario: de 11:00 a 13:00 h.
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 7 e 8 de xullo
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

7.- Volumes, figuras e formas
Achegámonos e investigamos sobre esta forma de expresión artística para coñecer os materiais, ás épocas e os temas representados en tres dimensións.
Responsable: J. Manuel Mendoza, departamento de Didáctica do MPLugo
Idades: de 8 a 12 anos.
Horario: de 11:00 a 13:00 h.
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 9, 10 e 11 de xullo
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo
Nota: Aconsellase traer mandilón, para traballar con barro

8.- Reproducións de pezas arqueolóxicas
Escavar, buscar, investigar, reconstruír e recompoñer paso a paso o obxecto dende a escavación. Toma nova forma coas reproducións e amósase agora como un elemento vivo. De paso, recuperamos as antigas técnicas dos nosos devanceiros.
Idades: de 8 a 12 anos
Horario: de 10:00 a 11:30 h.
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 15, 16, 17 e 18 de xullo
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

9.- Musicalizando a arte
As cores da música, os sentimentos reflectidos na pintura, o drama, a calma, a furia …
Idades: de 4 a 12 anos
Horario: de 11:00 a 14:00 h.
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición
Datas: sábado 19 e domingo 20 de xullo
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

10.- Campamento de arqueoloxía
Imaxina que na Praza Fillos de Antón de Marcos (entre o museo e a Rúa Nova) se descubre un xacemento arqueolóxico. Imos a escavalo extracto a extracto e iremos descubrindo eses segredos, e coa axuda de especialistas, iremos coñecendo as técnicas, as ferramentas e os pasos que hai que dar para que dese xacemento saquemos información de proveito. Para rematar teremos que tomar unha gran decisión: o que atopemos ¿debe ir ás vitrinas do museo ou ao seu almacén? Só se participas terás oportunidade de decidir.
Responsables: Enrique Alcorta Irastorza, responsable de Arqueoloxía do Museo, e Lucía Dequidt Lagares, departamento de Didáctica do MPLugo.
Idades: de 8 a 14 anos
Horario: de 11:00 a 13:00 h.
Prazas: 25 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 21, 22, 23 e 24 de xullo
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo
Nota: Os participantes deberán vir provistos de vestimenta axeitada para traballar con terra (botas, roupa vella, gorra para o sol, luvas …)

11.-Os saberes da cociña. Un chef artista: “os alimentos da túa contorna”
Trátase dun obradoiro gastronómico: alimentación saudable, identificación e etiquetado dos alimentos, as D.O. da provincia (aplicado a cada zona), creatividade na cociña, agroecoloxía e soberanía alimentaria. Acompañarase a actividade con elementos audiovisuais (contos, cartaces, animación…).
Idades: de 10 a 14 anos
Horario: de 11:00 a 13:00 h.
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 22 de xullo
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

12.-Food foto fun
Ensinar aos nenos o importante que é a alimentación, que aprendan a manexar e recoñecer os distintos ingredientes alimentarios e a espertar en eles a curiosidade pola cultura gastronómica. Nestes obradoiros ensínase como preparar e compoñer dunha forma creativa distintos pratos e a realizar atractivas presentacións con eles.
Faremos de fotógrafos culinarios, onde se darán unas clases básicas de fotografía, iluminación con luz natural e composición para que as creacións artísticas queden reflectidas dunha forma visual atractiva. Realizarase unha exposición con todas as fotografías das creacións culinarias.
Idades: de 8 a 13 anos
Horario: de 11:00 a 13:00 h.
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 22 e 23 de xullo
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo.

13.-Realidade aumentada
A realidade Aumentada é unha tecnoloxía que esta revolucionando ás novas tecnoloxías xa que nos permite combinar información en tempo real con información virtual. Neste Obradoiro trasladarémonos a mundos fantásticos sen saír das salas do Museo, unha experiencia única e divertida.
Idades: de 10 a 14 anos
Horario: de 11:00 a 13:00 h.
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 30 de xullo
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

14.- Abanos
Coñeceremos a orixe, usos e tipos de abanos. Debuxarémolos e pintarémolos.
Responsable: Paula Salinas Somoza, departamento de Didáctica do MPLugo.
Idades: de 8 a 11 anos
Horario: de 11:00 a 13:00 h.
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 30 e 31 de xullo
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

15.-Arquitecturas colectivas
Construímos xuntos pois somos pequenos arquitectos, deseñadores, artistas …
Idades: de 6 a 12 anos
Horario: de 11:00 a 12:30 h.
Prazas: 15 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 31 de xullo
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo.

16.- Muralismo solidario
Inspirándose nas coleccións do Museo Provincial todos os nen@s farán unha obra individual que fale de valores e que se integre nun gran mural colectivo. Tamén se traballarán as liñas, as texturas a cor … usando as obras de Antonio Fernández.
Responsable: Raquel Guerrero Prieto, departamento de Didáctica do MPLugo.
Idades: de 4 a 8 anos
Horario: de 11:00 a 13:00 h.
Prazas: 20 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 13 e 14 de agosto
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

17.-A miña primeira película (sen cámara) da Rede Museística
Cine sen cámara ou animación directa é un proceso que reproduce con grande exactitude os impulsos físicos individuais dos artistas: as imaxes artesanais reflicten a vibración dos dedos, as variacións de presión, os ritmos internos externados.
Idades: de 6 a 12 anos
Horario: de 10:00 a 11:30 h.
Prazas: 20 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 18 de agosto
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

18.- Museoterapia. Onde todo é posible
Transcribindo emocións de cor na escuridade.
Responsable: Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial.
Idades: de 4 a 65 anos
Horario: de 12:00 a 13:30 h.
Prazas: 25 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 19 de agosto
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

19.- Escultura futurista
Coñeceremos a escultura do Museo Provincial, deixando voar a imaxinación, faremos un robot con material de reciclaxe, continuando coa diversión unha vez que o acabemos e o levemos para casa para descubrir novas aventuras.
Responsables: María Losada Montenegro e Lucía Dequidt Lagares, departamento de Didáctica do MPLugo
Idades: de 4 a 8 anos.
Horario: de 11:00 a 13:00 h.
Prazas: 20 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 26, 27 e 28 de agosto
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

20.- Tesela a tesela …
Neste obradoiro tesela a tesela faremos un mosaico, coñecendo o seu proceso, as súas técnicas …
Responsables: María Losada Montenegro e Lucía Dequidt Lagares, departamento de Didáctica do MPLugo.
Idades: de 8 a 12 anos
Horario: de 11:00 a 13:00 h.
Prazas: 20 asistentes, por orde de inscrición
Datas: 2, 3 e 4 de setembro
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

Obradoiros e actividades do Club Ei! da Rede Museística Provincial

» Obradoiros audiovisuais
Obradoiro no cal se aprenderán técnicas audiovisuais, de animación e expresión, o máis analóxicas posibles, e experimentarase con elas. Podendo chegar a facer contido publicitario para o museo, respondendo a preguntas como que é a arte ou interpretando obra pertencente á Rede Museística.
Idades: membros do Club Ei!
Horario: de 17:30 a 19:30 h.
Prazas: 25
Datas: Xoves e sábados, a partir da segunda semana de agosto
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

» Obradoiro de tatuaxe
O que se pretende e dar a coñecer a tatuaxe como unha arte, reflexionando sobre os estilos e sendo consciente do traballo previo na realización dun deseño apropiado e os referentes, así coma os condicionantes para a súa realización.
Idades: membros do Club Ei!
Horario: de 11:00 a 14:00 h.
Prazas: 25
Datas: 22 de agosto
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

» Obradoiro de Lettering
Mostrar un tipo de arte pouco coñecida neste momento pero con grande importancia no pasado, ademais de influenciar noutros mundos como o da tipografía, o graffiti, publicidade … Neste momento existe un rexurdir desta técnica coma forma de expresión, na decoración ou de xeito comercial.
Idades: membros do Club Ei!
Horario: 18:00 h.
Prazas: 25
Datas: 25 de setembro
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

» Obradoiro fotográficos
Realizaranse uns obradoiros onde se explicará brevemente a técnica fotográfica e os procesos para pasar logo a experimentar, tanto con estes coma coas formas de comunicación e distintas temáticas dentro do mundo da fotografía.
Idades: membros do Club Ei!
Horario: de 17.30 a 19:30 h.
Prazas: 20
Datas: todos os mércores de setembro
Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo

» Cine á fresca
Horario: 20:00 h.
Prazas: ata completar aforo
Todos os luns de xullo e agosto no MPLugo
» Obradoiros e actividades do Club Sénior da Rede Museística Provincial
Idades: maiores de 55 anos
Horario: de 17:30 a 19:30 h.
Datas: todos os xoves de xullo, agosto e setembro

» Arqueoloxía: vendo de preto
Entraremos nalgunhas das escavacións onde se fixeron achados e descubrimentos arqueolóxicos de restos romanos. Como actividades prácticas elaboración e reconstrución de vasillas de barro.

» Obradoiro para o mes de xullo: Incursión nos segredos e na historia da cociña
A historia forxouse nas ensinanzas dos avós, baseada na experiencia vivida a través dun contexto e un lugar. Experiencias, que sempre tiveron voz que nos conta unha realidade pasada da que sacamos as ensinanzas actuais. Con este proxecto queremos irromper nos segredos da cociña das familias a través da historia. Un dos sitios que une a unha familia é a cociña sen dicir moi a fondo que é o lugar onde máis tempo se pasa na casa e onde os muros conteñen moitos segredos da historia dunha familia.

A cociña a través da historia, viaxaremos polo emocionante mundo da arquitectura, os costumes a través do tempo, mobiliario, utensilios e ferramentas usados na antigüidade que aínda é parte fundamental dela na época actual. Conformaremos un receitario con receitas manuscritas orixinais e acheguen os integrantes do Club Sénior e amigos do museo. Poñeremos en práctica unha antiga técnica oriental que data dos séculos XVI e XVII que é o talle de froitas e verduras para obter verdadeiras obras de arte gastronómicas.

» Obradoiro para o mes de agosto: Unha historia con arame ... ourivaría
Os seres humanos somos artesáns por natureza e ao pasar dos anos vanse deixan de lado algunhas habilidades como a observación e a elaboración de traballos manuais. No Museo Provincial queremos que os nosos integrantes do Club Sénior podan desenvolver estas habilidades en complicidade coa historia. Neste proxecto queremos introducir os nosos asistentes ao universo da ourivería na historia de Galicia, o talle de metal e tecidos en arame. Para iso utilizaremos arame de cobre ou de aluminio para os tecidos e o metal de talle será a lámina de estaño. Será unha interesante experiencia elaborando modelos sinxelos e doados de realizar baseados en pezas do museo que nos contan historias...

» Obradoiro para o mes de setembro: Historia da fotografía
Monográfico sobre a historia da fotografía e a fotografía como arte. Realizaremos algunhas experiencias fotográficas.

Un verán de músicas na Rede Museística Provincial

» Músicas no lenzo no MPLugo
Os luns de agosto, ás 20:00 h.
Concertos nos que terá lugar unha actividade pictórica na que co asesoramento profesional se plasmarán os sentimentos que as diferentes músicas inspiren ós participantes.

-Paty Lesta & The Hits (voz, piano, contrabaixo e batería).
-Dr Swinglove (voz, guitarras, contrabaixo). Swing, gipsy jazz, manouche.
-Two in the mirror (voz, baixo e loops). Pop, soul, funk e canción de autor.
-Marian Ledesma & Tinaquero Brothers (voz, guitarra e contrabaixo). Blues tradicional.

Web: www.deputacionlugo.org