Noticias de Hoy
Victor
Fecha: 14/12/2013
Horario: 23:30

Víctor Aneiros Band con Julie Guravich

Nacido en Ferrol no 1960. Músico autodidacta e heterodoxo, está considerado como un dos pioneiros do blues rock en galego. Despois de traballar nos anos 80 e 90 con distintas bandas locais, inicia a súa carreira en solitario no 1999 formando Víctor Aneiros & Blue Notes e editando Que el blues te acompañe. Participa en distintos festivais: Antequera Blues, Festival Ritmo e Blues en Aragón, Festival de Blues de Cerdanyola, Festival de Blues de Reus e Montreux Jazz Festival. Comparte cartel con Big Bill Morganfield, Coco Montoya, Raimundo Amador, BB King… No 2003 forma Víctor Aneiros Band e edita Live in Montreux, actuación que recolle un dos dous concertos ofrecidos neste Festival.

Participa no Festival de Elorrio (Biscaia). No 2004 edita Blues do amencer, integramente cantado en galego. Participa no Festival de Blues de Getxo (Biscaia), Festival de Blues de Ourense, Festival de Blues de Sta. Maria das Açores, Festival de Blues de Seia , Festival de Blues de Gaia (Portugal)… No 2008 edita Heroe secreto. Nel pon música a poemas de Rosalía de Castro, Luís Pimentel, Amado Carballo e Ramiro Fonte e adapta ao blues o himno da emigración galega “Unha noite na eira do trigo” do poeta Curros Enríquez. Este traballo inclúe “Miña bala perdida” que foi nomeada a mellor canción en galego na XIII Edición dos Premios da Música 2009.

Web: www.clavicembalo.com