VI Invernada de Cine en O Chao, Cabreiros.
Da man do cine, do teatro, dos documentais, dos contos… podemos compartir experiencias e aprendizaxes, e tamén un bo café, nas longas tardes de inverno!
A carta de axuste ás sete da tarde un día tras outro iluminaba a pantalla fo televisor para dar comezo á programación; ese tempo facíase moi longo, coma o inverno.
O rebulir das personaxes que traían nas súas tripas os debuxos, o teatro, os documentais, as películas e centos de contos que cerraban a emisión con outra carta de axuste, espertaban paroladas e faladoiros de todo canto alí acontecera.
A Invernada non quere tratar de voltar a vista atrás, pero si de coller como referente este pasando tan presente para debullar entre todos as alternativas que o audiovisual nos ofrece.
Acércase o entretemento, a aprendizaxe, a compaña, o recordo, a mestura de ideas, opinións,divertimento, reflexións, risas, café e máis café…
Podemos pasar un inverno de cine, ¿non vos parece?
20 de outubro de 2018
17:30: Inauguración.
18:00: Unha escola en branco e negro.
3 de novembro de 2018
18:00: O apalpador.
17 de novembro de 2018
18:00: Pedrón do Freixo.
1 de decembro de 2018
18:00: Doghs.
15 de decembro de 2018
18:00: Invernada de curtas.