Noticias de Hoy
vendaval fest ribadeo
Fecha: 22/07/2023
Horario: 01:00

Vendaval Fest de Ribadeo

O concello de Ribadeo acolle o vindeiro 22 de xullo o Vendaval Fest, un pequeno festival ao aire libre que contará con entrada e acampada gratis.

Esta cita musical contará cos concertos de Heredeiros da Crus, Gansos Rosas (Grupo tributo a Guns N´ Roses), La Tarrancha, Beetle Judge, Ritmo Vudú e La Duendeneta.

Haberá sesión vermú desde as 12.30 horas con exposición artística no Cantón e seguindo ás 14.00 horas na zona vella amenizando as rúas atoparase La Duendeneta. Tamén contarán con zona gastronómica a cargo de foodtrucks.