Noticias de Hoy
A vangarda das formas
Fecha: 14/11/2013 a 02/02/2014

A vangarda das formas

A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo

Esta exposición, formada por máis de 350 pezas, recolle a evolución creativa da cerámica de Isaac Díaz Pardo dende finais dos anos corenta do século pasado ata os seus últimos deseños, xa no século XXI. Trátase da gran primeira mostra realizada sobre produción cerámica levada a cabo por Díaz Pardo e na que figuran as obras orixinais dos seus comezos nesta actividade artística, así como tamén os últimos prototipos deseñados por el e os seus colaboradores (entre os que cómpre destacar a Luís Seoane co que funda o Laboratorio de Formas) pasando pola creación das fábricas de O Castro, Magdalena e Sargadelos. A mostra inclúe tamén debuxos e bosquexos inéditos de Isaac Díaz Pardo de pezas realizadas nestas fábricas.
Inauguración: xoves, 14 de novembro, ás 20:00 horas.

Comisarios: Teresa Pena Moreda e Fernando Arribas Arias
Coordina: Encarna Lago González


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635