Noticias de Hoy
Cartaz Vaia Tropa copia
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 01/11/2015
Horario: 20:00

Vaia tropa, de Max Teatro en Lugo, dentro do Circuito Galego de Teatro Amador

Comedia de enredo. Un matrimonio feliz ve perigar a súa convivencia polas malvadas estratexias das súas nais que queren separalos, pois consideran que a diferenza de idade na parexa, pode ser un seguro fracaso matrimonial.

O “Circuíto Galego de Teatro Amador” en Lugo está organizado por Nova Escena Teatro dentro da programación promovida pola Xunta de Galicia e organizados pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado), coa colaboración da Concellería de Cultura, Turismo e promoción da Lingua do Concello de Lugo.