Comedia de enredo. Un matrimonio feliz ve perigar a súa convivencia polas malvadas estratexias das súas nais que queren separalos, pois consideran que a diferenza de idade na parexa, pode ser un seguro fracaso matrimonial.
O “Circuíto Galego de Teatro Amador” en Lugo está organizado por Nova Escena Teatro dentro da programación promovida pola Xunta de Galicia e organizados pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado), coa colaboración da Concellería de Cultura, Turismo e promoción da Lingua do Concello de Lugo.