Noticias de Hoy
cianotoxinas
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 17/07/2017 a 19/07/2017
Horario: 01:00 a 01:00

V Congreso Ibérico de Cianotóxinas en Lugo

V Congreso Ibérico de Cianotóxinas en Lugo

O I Congreso Iberoamericano de Cianotoxinas reúne no Campus Terra da USC uns 120 investigadores de 15 universidades. A regulación e o control das cianotoxinas abriu a quenda de intervencións do foro, no que intervirán ata o mércores 32 relatores e a o que se presentaron máis de 30 pósters Lugo, luns 17 de xullo de 2017. O V Congreso Ibérico de Cianotoxinas e I Congreso Iberoamericano de Cianotoxinas, un programa organizado polo catedrático do Departamento de Farmacoloxía da USC Luis M. Botana e polo director da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, Fernando Cobo, cita ata o mércores na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC uns 120 investigadores procedentes de 15 universidades europeas e iberoamericanas. A temática deste congreso, que chega á capital luguesa logo de celebrar a pasada edición en Portugal, é ampla e abrangue cuestións relativas á regulación e aos diferentes mecanismos de control de cianotoxinas, a temática de debate nas primeiras intervencións, ata aspectos relativos á ecobioloxía de cianobacterias e aparición de cianotoxinas, toxicoloxía e farmacoloxía de cianotoxinas, risco de presenza de novas toxinas en relación co cambio climático, estratexias de prevención, control e mitigación, avances instrumentais e técnicos no control de cianotoxinas, e mesmo respecto das posibles liñas de investigación sobre este ámbito que se desenvolverán no futuro. Os temas de debate das distintas sesións nas que se estrutura este congreso, ao que tamén se presentaron 32 pósters científicos nos que se tratan diversos aspectos relacionados coas cianotoxinas, segundo indicou o profesor Luis M. Botana. O coorganizador deste congreso xustificou a celebración deste foro científico pola crecente problemática que está a provocar a presenza e concentración de cianotoxinas tanto en auga potable como en encoros de abastecemento. Esta realidade propicia tamén unha maior atención científica sobre este temática, tal e como o proba o elevado número de congresistas, entre os que se atopan moitos novos investigadores, dixo Cobo. As tres xornadas nas que está estruturado este congreso sobre cianotoxinas mesturan a celebración de relatorios, sesións de debate e presentación de pósters científicos con actividades lúdicas, tal e como o son a visita guiada pola cidade de Lugo prevista para este tarde ou o paseo en catamarán pola Ribeira Sacra, programado para xornada do martes.