Un día no Circo, de Paso de Valverde Teatro en Lugo, dentro do Circuito Galego de Teatro Amador.
Espectáculo cómico para todos os públicos. O circo está cheo de ilusión e de maxia. A carpa de cores provoca ledicia en pequechos e grandes. Mas hai un rapaz ao que lle gusta especialmente o circo: Chukiño. Un día o noso protagonista descobre que o Circo actuará na vila. Un espectáculo único! Chukiño non dubida e, despois de avisar aos amigos, vai correndo á carpa para coller sitio. Mais os tempos non son doados e a actuación corre o risco de ser cancelada...
O “Circuíto Galego de Teatro Amador” en Lugo está organizado por Nova Escena Teatro dentro da programación promovida pola Xunta de Galicia e organizados pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado), coa colaboración da Concellería de Cultura, Turismo e promoción da Lingua do Concello de Lugo.