Ulrike no deserto, de Teatro no Aramio en Lugo, dentro do Circuito Galego de Teatro Amador.
A principios dos anos 70 a xornalista alemá Ulrike Meinhof axuda á fuga de Andreas Baader, un delincuente vinculado á RAF ou Facción do Exército Vermello. A RAF era un grupo armado que empregaba técnicas de guerrilla nunha loita aberta contra o sistema capitalista da República Federal Alemá. Ó tempo que colabora con esa fuxida, pasa a ser parte activa do movemento e abandona a súa vida de xornalista de éxito para saltar á clandestinidade. Xorde así o grupo Baader-Meinhof, que leva o nome dos dous, dada a súa condición mediática, aínda que está composto por bastantes persoas máis. Dous anos despois do “salto” son apresados e levados a un cárcere de illamento especial. Pouco tempo despois, cando aínda está a desenvolverse o proceso xudicial contra eles, Ulrike aparece morta (aforcada cunha toalla) na súa cela.
O “Circuíto Galego de Teatro Amador” en Lugo está organizado por Nova Escena Teatro dentro da programación promovida pola Xunta de Galicia e organizados pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado), coa colaboración da Concellería de Cultura, Turismo e promoción da Lingua do Concello de Lugo.