Noticias de Hoy
Ulobit y Dr. Think
Fecha: 27/05/2014
Horario: 21:30

Ulobit y Dr. Think

ULOBIT Y DR. THINK.
Preludio: selección de obras que establecen conexións entre vídeo arte, música contemporánea e arte sonora. Obras de Arseny Avraamov, Robert Breer, Bruce McClure, Ryan Connor, Gary Hill, Lia, Rioji Ikeda, Frank Bretschneider, entre outros …

Concerto:
- Catro (para zanfona, electrónica e proxección en negro)

Peche: DR. THINK (DJ)
- remix das obras do concerto

Como PRELUDIO ao seu concerto Ulobit propón un repaso polas diferentes prácticas audiovisuais que buscan establecer unha relación de interacción e feedback entre o que escoitamos e o que vemos. Traballos que van dende o optical sound, onde se experimentaba coa produción de son a partir das imaxes que interferían.

O CONCERTO: Ulobit presentará a continuación, un concerto/improvisación inmersivo para pantalla negra e sistema de difusión de audio cuadrafónico. As imaxes xenéranse en tempo real a partir de reflexos e proxeccións directas sobre a óptica dunha cámara para pasar a ser procesadas mediante diferentes mecanismos controlados a partir do fluxo sonoro e as interpretacións xestuais da zanfona.

Partindo dunha formulación de Live vídeo créase un proceso pictórico en tempo real no que diferentes pigmentacións e ritmos transforman a nosa retina e os sons dixitais mestúranse de xeito orgánico coas sonoridades acústicas establecendo un espazo de intercambio entre a síntese sonora contemporánea e as capacidades multitímbricas da zanfona concibida como un instrumento medieval.

Do PECHE do concerto encargarase o Dj Dr. Think que cerrará a sesión construíndo un remix co material sonoro do concerto.

ULOBIT é un proxecto formado por Ariel Ninas (zanfona), Horacio Gonzalez (vídeo) e Xoan Xil (electrónica) baseado na improvisación e a experimentación, e que se move entre o erro sonoro/visual, a música incidental e os ritmos minimalistas.

As liñas de investigación principais deste traballo creativo céntranse tanto na expansión sonora da zanfona como na preparación deste instrumento mediante múltiples sistemas de control en tempo real que permitan alterar o vídeo mentres dialoga cun entramado electroacústico tecendo unha rede de interferencias audiovisuais. Ulobit traballa con material visual de diferente procedencia, tanto propio como alleo, realizando traballos de intervención en metraxes de directores galegos como é o caso da produción Vikingland de Xurxo Chirro na que están a traballar para facer a súa primeira edición.

Entre tanto Ulobit teñen participado en diferentes festivais, como ECO (Matadero, Madrid), Pi (Plutón, Valencia), Espazos Sonoros (Galicia), Vertixe Vigo (MARCO) ou Zona da Zanfona (Rianxo).

www.ulobit.net

ÁLVARO PARDO aka DR. THINK (DJ) practica unha libertinaxe musical adquirida tras noites de emoción en cabinas alleas, tras longas madrugadas ampliando o seu armario sónico fronte aos technics. Toda unha vida pensando/buscando sons, en atmosferas, na música maxestática, dixital e ensoñadora.

Foi e sigue sendo residente nas mellores salas nacionais e noutras doutras latitudes. Compartiu noites cos mellores selectores do mundo, os festivais máis exquisitos o reclaman e a crítica especializada o coloca no seu punto de mira como unha das apostas electrónicas máis emocionantes e sorprendentes nestes albores do século XXI. A súa segunda xira Latinoamericana por Arxentina, Uruguai, Paraguai e Brasil terminou neste 2013 deixando un regueiro de Grooves e Beats que deleitou aos presentes nas súas 20 actuacións por diferentes clubs e festivais.

www.soundcloud.com/drthink