A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, tamén anunciou que este sábado 11 de xaneiro vaise celebrar na carpa situada na Praza da Soidade o I Troco Xuvenil. Desta maneira, entre as 11 e as 14 horas todos os mozos e mozas menores de 35 anos poderán intercambiar todas aquelas cousas que non lles sirvan por outras que precisen como poden ser videoxogos, libros ou roupa.
“A idea é que as cousas que se acumulan na casa e que están en boas condicións pero non se usan poden ser obxecto de troco para conseguir outras que si que poden facer falta” segundo Carmen Basadre. Os mozos e mozas interesados poden inscribirse na Casa da Xuventude ou ben achegarse á Praza da Soidade o mesmo dia.
Web: www.lugo.es