Lugo acollerá o V Torneo Lugo é Basket, que terá lugar o día 23 de setembro no Pazo dos Deportes. A partir das 11:15 horas, xogará o anfitrión, Cafés Candelas Breogán - Montakit Fuenlabrada; e pola tarde ás 18:00 horas, quenda feminina entre o Durán Maquinaria Ensino - Patatas Hijolusa León.
O organismo provincial colabora coa Asociación Xuvenil Sagrado Corazón na organización desta cita, cunha achega de 3.000 euros. Esta edición do Torneo Lugo é Basket tamén conta co apoio do Concello de Lugo, e serve para conmemorar os ascensos á máxima categoría destes equipos clubs, xa que é a primeira en 12 anos que se celebra un encontro na capital e entre dous equipos da ACB.
Tras rematar o encontro da mañá, nos exteriores do Pazo, celebrarase a Festa do Ascenso, que inclúe unha fun zone que contará con animación musical, ademais dun bar e inchables para os máis pequenos. As entradas para presenciar os encontros terán un prezo de entre 4-8 euros (para menores de 14 anos) e de 6-12 euros (adultos). Os menores de 11 anos poderán acceder ao Pazo totalmente de balde. Máis información en torneoebasket@gmail.com ou na conta de Twitter @Lugoebasket.
Programa de encontros
Domingo 23
-11:15 horas. Cafés Candelas Breogán - Montakit Fuenlabrada
-18:00 horas. Durán Maquinaria Ensino - Patatas Hijolusa León
O torneo poderase ver por streaming na súa totalidade nunha canle de Youtube que se habilitará para este fin. Ademais, haberá animación con speaker, estatísticas oficiais e actuacións variadas.