Tirando do Fío, en Lugo. Curso de participación social en prol da equidade de xénero.
A asociación Aliad Ultreia, en colaboración co Servizo de Voluntariado da Xunta de Galicia e o SEPIU da Universidade de Santiago de Compostela, convidámosvos a participar do curso Tirando do Fío. Curso de participación social en prol da equidade de xénero, o cal responde a:
• A preocupación pola cuestión de xénero porque, a pesar de todo o acadado polas loitas feministas, continúa a ser un eixo fundamental de desigualdade social,
• 0 recoñecemento do xénero como eixo común ás diferentes loitas e aos diversos ámbitos de vida e de acción e intervención social,
• A aposta pola educación como ferramenta transformadora.
Contaremos cunha equipa multidisciplinar de formadoras (educadora social, psicólogas, politóloga, comunicadora audiovisual, publicista), que nos aproximarán a:
• A análise da realidade dende o enfoque de xénero,
• O traballo educativo en xénero con grupos de homes (experiencia nas cadeas),
• Acompañamento a mulleres vítimas de violencia de xénero,
• Ciberactivismo feminista.
Dado que a cuestión de xénero transversaliza todos so ámbitos da nosa vida cotiá e de acción social, é unha formación de interese para o contunto da cidadanía lucense, e moi especialmente para o voluntariado e profesionais das entidades de acción social. O enfoque socioeducativo desta formación a fai especialmente interesante para profesionais e estudantes do ámbito da acción social: educadoras/es sociais, psicólogas/os, pedagogas/os, traballadoras/es sociais, sociólogas/os, politólogas/os, animadores/as socioculturais, mestras/es e profesorado, profesionais da comunicación, etc.
Accede á información completa do curso na nosa web de voluntariado ou escríbenos ao enderezo enectrónico voluntariado@aliad.org.
¡Anímate a participar!