Teatro e danza para familias
Dentro da colaboración que ten a entidade local con AGADIC, Lugo acollerá, de outubro a decembro, diversa programación de teatro e danza para público familiar.
Búscase deste xeito, ofrecerlle un espazo de lecer ás familias, onde nenos e nenas xunto aos pais e nais gocen con diversas actuacións. As actividades forman parte tamén do programa Apego para o fomento da lingua galega entre os pequenos e pequenas.
A programación, que terá lugar sempre ás 18:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, é a seguinte:
- 28 de outubro: Tanxarina: A galiña azul; un espectáculo que mestura monicreques e actores, baseado no conto homónimo de Carlos Casares.
- 11 de novembro: Mundo Piruleta: A Biblioteca Máxica; un proxecto educativo que cosnta de varias obras diferentes coa mesma plástica e estilo, onde o seu protagonista vive diversas aventuras a través dos libros, o teatro e a bilbiografía de personaxes cébres.
- 18 de novembro: Teatro de Títeres Trécola: O agasallo de Anya; unha obra baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala, respresentada con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.
- 9 de decembro: Entremáns Danza: Gaia; unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do planeta e dos tesouros naturais.
- 16 de decembro: Expresión Producións: Uxío no país de Patadecabra; un espectáculo de maxia, teatro e monicreques.
O importe das entradas é de 5€ para os adultos e de 2,5€ para os nenos e nenas.
Venderanse a través da web entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no auditorio, desde unha hora e media antes das actuacións.
Animación á lectura e contacontos
A Biblioteca Municipal impartirá ao longo de outubro e novembro diversas sesións de animación á lectura e contacontos. Trátase da actividade Familias Diversas, de Trinke Trinke Teatro, o mércores 24 de outubro; Coas mans na masa, de OQO Editora, o 31 de outubro, Comerá o bebé, de Cris de Caldas, o 8 de novembro, e Isto non é unha caixa, de Sarabela Teatro, o 21 de novembro. Todas as actuacións arrincan ás 18:30 horas.
A entrada é gratuíta, pero é necesario retirar unha tarxeta de invitación, que estarán dispoñibles a partir do luns da semana da actuación correspondentes, dende as 16:30 horas, por estrita orde de chegada. O máximo son dúas invitación spor persoa. Esta programación, do mesmo xeito que a anterior, busca fomentar o galego entre os nenos e nenas, existindo actividades para os cativos e cativas de 0 a 3 anos, a partir de 3, de 4 e de 5 anos.