Tarde e Tardiña comezará o vindeiro xoves 6 de xullo, e incluirá destacadas propostas da escena galega, estatal e internacional que mesturan o teatro de rúa, a música ou o circense.">
ciclo tarde e tardina versos na barraca
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 06/07/2023
Horario: 01:00

Tarde e Tardiña en Lugo

Tarde e Tardiña comezará o vindeiro xoves 6 de xullo, e incluirá destacadas propostas da escena galega, estatal e internacional que mesturan o teatro de rúa, a música ou o circense. As catro noites de Versos na Barraca (xoves 6, 13, 20 e 27 de xullo ) serán presentadas polo director artístico, Lois Pérez, canda The Tarracos, formación musical do ciclo liderada por Luis Monsalve.

Maite Ferreiro destacou que “con iniciativas como esta desde a área de Cultura consolidamos unha programación cultural estable durante todo o ano, dando opcións ás familias durante as tardes do verán”.

Programación Tarde e Tardiña 2023

6 de xullo, Oh-Pera de Circo Chosco (para todos os públicos, 50 minutos)

Espectáculo gañador do certame intergaláctico do Festaclown 2021. Contar historias desde a imaxe, cando as cousas falan, descubrir novos espazos e ver come se transforman os vellos. Todo cambia, nada permanece e con cada transformación ábrese un mundo de posibilidades. Todo está composto de átomos, segundo como se combinen pode ser unha xirafa, unha cadeira ou unha escaleira. O mundo está feito de pezas elementais e o noso mundo está feito de caixas que van mudando en universos diferentes. Unha viaxe polas posiblidades da vida, polas eleccións que tomamos no día a día, nas que o amor é a materia escura que os une.

13 de xullo, Distans de Vol’e Temps (para todos os públicos, 50 minutos)

Premio Fetén 2019, Premio Lorca 2019 a espectáculo de circo, premio Paca a mellor Dirección, mellor Posta en Escea e mellor Artista Masculino. Distans é un dos mellores espectáculos dos últimos anos no circo español. Unha gran peza con multitude de premios e mencións que pasou polas mellores programacións. Un espectáculo imprescindible que destaca pola súa excelencia técnica, escenográfica, acrobática, humorística… un espectáculo que é unha verdadeira delicia e non podes perder.

20 de xullo, Up!!! De Xabi Larrea (para todos os públicos, 45 minutos)

Un espectáculo que toma o humor como base de partida, donde o absurdo, a comedia e a excentricidade toman un rol decisivo á hora de mostrar as diferentes habilidades dun personaxe apaixoado, irónico e cheo de enerxía.

27 de xullo, Home, de Cia Cris-is

Premios en Circada 2023, Festival de Circ de Terrasa, Festival Cucha Ubeda, Festival Circorts, Festival Arca, Festival Zirkualde, Festival Temudas, Festival Arisc-arte Vinarós. Nunha casa miserable, unha parella vive a súa penosa rutina. Drama ao servizo da comedia. Risas das boas, das sonoras, das que curan. Un espectáculo trepidante, emocionante, hilarante.

Programación Versos na Barraca 2023

06 de xullo, O rumbo desnortado das estrelas, Estíbaliz Espinosa e Rosalía Fernández Rial

Os versos que apuntan ao ceo e ás estrelas dende o corazón dunha mazá dialogan a través da voz de Estíbaliz Espinosa coa Rosa dos Ventos, a poesía orgánica, musical e desnortada pero sempre á fronte de Rosalía Fernández Rial. Dúas das mellores poetas do panorama literario galego xúntanse ao pé da Muralla para agasallarnos cos seus versos.

13 de xullo, Ouveos cando pasa a libélula, Lupercais

Nieves Neira, Jaro da Silva, Luís Alonso, Antom Fortes, Luís Valle, Sara Plaza ou María Grandío son parte do colectivo Lupercais, compañeiras e compañeiros da poesía e dos espazos que esta abre na vida cotiá. Voces diferentes, singulares, orixinais, Voces diferentes, singulares, orixinais, complementarias ou non, unidas pola amizade e o proxecto poético que lles dá nome, cultivando a arte do encontro. A palabra.

20 de xullo, A cinca que escintila na terra, Anxo Angueira e Berlai

Unha voz que se funde no verso e desaparece para cobrar aínda máis fulgor, poucas veces a palabra resoa tan fértil. Un artesán de cancións cun pé en Dodro e outro en Berlai, sensibilidade e denuncia dacabalo do talento. Anxo Angueira, un dos mellores recitadores do país xúntase na Barraca canda a Xiao Berlai, cantautor e alma de poeta para facer escintilar a voz da terra.

27 de xullo, Descunchar o que non ten nome, Branca Novoneyra e Ismael Ramos

Coller as palabras dun verso e sopralas até acender o seu significado e gozar coa súa luz. A sensibilidade e a experiencia atenta do mundo atravesan a celebrada poesía do Premio Nacional de Poesía Joven, Ismael Ramos, e os versos do novo traballo da poeta Branca Novoneyra, “As cunchas baleiras”. Luz, poesía e talento para tempos escuros da man de dúas poetas de referencia.