Talleres de Pandeiro na Casa do Río. Palas de Rei.
- Sábado 13 de outubro: Taller de "Pandeiro Vegano" con Ricardo Marcos Casás.
- Domingo 14 de outubro: Taller de Canto e Percusión con pandeiro (galego e portugés) con Davide Salvado.
Os pandeiros cadrados son un instrumento típico da península, o seu nome antigo "adufe" indícanos a súa procedencia árabe (adduff). Confeccionados tradicionalmente con peles de animais (ovella, cabra, corzo ou incluso can), os propios animais son protagonistas de moitas coplas populares:
Este pandeiro que toco
éche de coiro d’ovella
onte pacía na braña
i hoxe toca que rabea
[CPGDS, VI, II, 44] Cerceda (A Coruña)
O próximo taller de "pandeiro vegano" ten como obxectivo aprender unha técnica de construción de pandeiros prescindindo de peles, coa que ademáis o resultado final é un pandeiro de mantemento sinxelo e moi estable ante calquera condición climática.
O taller de canto e percusión servirá para aprender cantigas e seu acompañamento co pandeiro ou adufe.
Descontos para as inscricións a ámbolos dous talleres e se a insrición a ámbolos dous faise antes do día 8 de outubro.
¡Prazas limitadas!
Farémosche chegar os detalles do curso e a inscrición no seguinte email: acasadorio.arte@gmail.com
Máis informacións no teléfono: 653820444