A Concellaría de Muller, Igualdade e Xuventude vén de anunciar que o 1º taller da programación de conferencias “Mocidade e novas adiccións”, que fora aprazado o día 7 de outubro, celebrarase o xoves, 5 de novembro ás 17:30 horas no CEI-NODUS.
Versará sobre o uso dos videoxogos e as apostas en liña (que constitúen novas formas de ludomanía). Todas as mozas e mozos, familias e profesorado interesado en asistir, debe inscribirse a través do mail maisporti2020@lugo.gal, indicando no ‘asunto’ "Mocidade e novas adiccións" e no corpo do mail o nome, apelidos, profesor ou familiar e taller ou evento.
Tamén se pode realizar xa a inscrición nese mesmo enderezo electrónico para a xornada final desta programación, que contará coa presenza de Xosé Antonio Toruriñán, e que se celebrará o 26 de novembro no Codex Cinema.