Noticias de Hoy
Cartel Supermércores Na Rúa do Progreso
Localidad: A Rúa
Fecha: 02/12/2020 a 06/01/2021

Supermércores na Rúa do Progreso

Rúa do Progreso. Do 2 de decembro ao 6 de xaneiro.

Os Supermércores pretenden impulsar un novo movemento social que  dinamice a cidade, nun momento de especial dificultade debido á crise  sanitaria.  

Os comercios que participarán nesta iniciativa son: Fontao, Kukai, Viaxes  Almar, Modesto, Mariña, Kukadas e ou Baul Branco.  

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, anunciou a  participacion na iniciativa Supermércores na Rúa do Progreso na Raíña, organizada  polos establecementos desta céntrica rúa lucense, en colaboración ca Asociación  Lugo Monumental.  

En vista do éxito obtido pola actividade dos “Supermartes” organizada na rúa da  Raíña durante o mes de Outubro e Novembro o Concello de Lugo, pretende  impulsar da mesma forma o comercio noutras rúas da cidade. Nesta liña, mañá  inaugurarase o “mercadillo” que se celebrará todos os mércores na Rúa do Progreso  ata pasar a temporada de nadal.  

Os establecementos da Rúa do Progreso colocarán stands cos seus produtos na rúa  e ofrecerán descontos e promocións aos clientes, co obxectivo de dinamizar a  actividade nunha das principais rúas comerciais da cidade. Deste xeito, levarase a  cabo todos os mércores, do 2 de decembro ao 6 de xaneiro de 10.00h a 20.00h.  Nesta iniciativa participarán: Fontao, Kukai, Viaxes Almar, Modesto, Mariña,  Kukadas e ou Baul Branco.  

Mauricio Repetto subliñou que “dende o Concello de Lugo estamos moi satisfeitos de  colaborar con iniciativas deste tipo que contribúen a fomentar o comercio de  proximidade e dinamizar a actividade nas nosas rúas e barrios, nun momento de  especial dificultade para os comerciantes e pemes polas consecuencias da  pandemia”.  

Así mesmo, o edil convidou á cidadanía a mercar nos establecementos participantes,  “sempre mantendo as distancias de seguridade e o resto de indicacións establecidas  polas autoridades sanitarias para facer frónte á Covid”.