Noticias de Hoy
sesion_vermu_san_jose_as_gandaras
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 17/03/2024
Horario: 14:00

Sesión Vermú Non Stop Gándaras

O barrio das Gándaras celebra do 15 ao 19 de marzo as súas festas na honra de San Xosé. Como novidade, este ano organizan a primeira edición da Sesión Vermú Non Stop Gándaras, que terá lugar o domingo 17 de marzo. Serán 10 horas de música ininterrompida para desfrutar dun domingo de festa coma nunca.

Programa da Sesión Vermú Non Stop Gándaras:

14.00 horas. Actuación da orquestra Acordes.

15.30 horas. Actuación dos Dj Jacobo Gómez, Alex G, Marcos peón e Yaser.

21.00 horas. Actuación da orquestra Acordes.