Noticias de Hoy
COMERCIO XUSTO
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 10/05/2018 a 12/05/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Semana Solidaria Comercio Xusto 2018 en Lugo

Semana Solidaria Comercio Xusto 2018 en Lugo.

Lugo Xusta, xunto á Coordinadora Galega de ONGD`s, celebra o Día Mundial do Comercio Xusto o vindeiro sábado 12 cunha feira na Praza Maior e que cerrará a semana de actividades na cidade en torno ao Consumo Xusto e Ético.

A feira porá remate a tres días de actividades, que comezarán o xoves 10 cunha cea no Bodegón A Fouce, co que nun ambiente alegre e distendido se poderá gozar, a partir das 21 horas, dunha cea eleborada con produtos ecolóxicos e de Comercio Xusto. É preciso inscribirse no facebook de Lugo Xusta.

XOVES 10 DE MAIO DE 2018

O xoves 10 terá lugar unha unha cea reivindicativa no Bodegón A Fouce con produtos de Comercio Xusto a partir das 21:30 horas.

VENRES 11 DE MAIO DE 2018

O venres 11, a partir das 21 horas, haberá un vídeo fórum logo da proxección do documental “Food Coop” no Patio do Vello Cárcere. O documental conta a historia e o funcionamento cotiá deste supermercado cooperativo que desde 1973 agrupa a máis de 16.000 persoas no barrio de Brooklyn. As persoas que integran a Cooperativa deben traballar 3 horas ao mes para ter dereito a comprar a mellor comida da cidade de New York ao prezo máis barato posible". Co documental tentamos mostrar modelos de comercialización e consumo alternativos, co obxectivo de fomentar relacións entre produtor e consumidor mais equilibradas Logo da proxección, haberá un debate, que será dinamizado por Bico de Grao S.Coop.Galega, O Mercado da Terra e a Sociedade Cooperativa Zocamiñoca da Coruña.

SÁBADO 12 DE MAIO DE 2018

Finalmente, o sábado 12 de Maio, celebrase a xa tradicional feira e que contará con postos de información e venda de produtos de Comercio Xusto, agricultura ecolóxica e artesanía local. Na xornada, que durará dende as 11 da mañá ata as 20 horas haberá un Obradoiro de Cociña dirixido a nenos e nenas, no que se elaborarán doces con produtos de Comercio Xusto e coñecerán os beneficios do consumo responsable. O Obradoiro será impartido por Marcos López, do Obradoiro de Comida "Sen Sucre", entre as 12 e as 13:30 horas.

⚙ Configurar cookies