O público lucense poderá desfrutar esta fin de semana dunha nova cita co jazz e que inclúe catro concertos, charlas, ceas e coloquios entre o venres 24 e o domingo 26.
VENRES 24
- 20.30 horas. Charla de Mario Benso, O jazz no século XXI: tradición en transición. Auditorio Caldiae.
- 22.00 horas. Cea-Coloquio Mario Benso. Restaurante Vexetarian. Ata completar aforo.
- 00.00 horas. Concerto de Baldo Martínez Trío, na sala Tebras.
SÁBADO 25
- 22.00 horas. Cea e Concerto Foolmakers no restaurante Vexetarian.
- 00.30 horas. Concerto Nani García Trío.
DOMINGO 26
- 20.30 horas. Concerto Ariel Brínguez Quinteto.