Noticias de Hoy
40618491_23842989694380711_3874824906386440192_n.png
Fecha: 15/09/2018 a 16/09/2018
Horario: 10:00

Ruta BTT pola Vía Romana XIX

A Ruta BTT Vía Romana XIX, terá lugar o sábado 15 de setembro, organizada pola , co apoio do Goberno da Deputación.

Con esta ruta BTT promóvese un itinerario bimilenario que durante a época romana comunicaba as cidades fundadas polo Emperador Augusto en Gallaecia: Bracara Augusta (Braga) e Lucus Augusti (Lugo), prolongándose ata Astúrica Augusta (Astorga). Xa nos nosos días, atravesa 6 concellos da provincia: Cervantes, Becerreá, Baralla, Castroverde, O Corgo e Lugo.

A cita dará comezo o sábado, con saída ás 9:00 horas dende O Comeal, no Concello de Cervantes, e finalizará en torno ás 19:00 horas coa chegada á capital luguesa. En total participarán 30 persoas, que percorrerán os 99 quilómetros deste itinerario romano.

Vía Romana XIX

A Vía XIX era unha calzada romana da época de Augusto, descrita no Itinerario de Antonino, que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga), Ponche de Lima, Tude (Tui), Turoqua (Pontevedra), Aquis Celenis (Caldas de Rei), Iria, Martiae, Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga).

A Deputación de Lugo editou no marco do proxecto europeo Vías Atlánticas o libro Vía Romana XIX. Unha Viaxe dende Lugo aos Ancares, seguindo as pegadas de Roma, dos autores Antonio Rodríguez Colmenero e Rubén D. Álvarez Asorey. Este libro afonda nesta ruta turístico-cultural transfronteiriza que, ademais, atravesa zonas cun importante patrimonio histórico e arqueolóxico.