Noticias de Hoy
Ronsel
Fecha: 27/06/2014
Horario: 21:00

Ronsel de muller

A Asociación “Cultura do País” conmemora o 90 aniversario da fundación en Lugo da revista Ronsel este venres, 27 de xuño, a partir das 20:00 horas no MPLugo, con unha xornada dedicada á figura de Mercedes Pimentel, asídua colaboradora da revista. O acto contará con unha conferencia da escritora e profesora da Facultade de Humanidades Carmen Blanco e coa actuación musical de Eudemónicas. Este acto conta co patrocinio da área de Cultura e o Turismo da Deputación de Lugo e coa colaboración da Rede Museística. RONSEL foi un proxecto cultural da avangarda nacionalista da década dos vinte do século XX, dirixido por Evaristo Correa Calderón e Álvaro Cebreiro e no que publicaron autores como Luis Pimentel, Ánxel Xohán, Castelao, Manuel Antonio ou Fernández Mazas.