Noticias de Hoy
mj e ith
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 06/02/2016
Horario: 23:30

Rock en galego no Clavicémbalo de Lugo con MJ e ITH

Rock en galego no Clavicémbalo de Lugo con MJ e ITH.

MJ é unha das novas voces da música galega que ven pegando forte. Inicia o seu camiño no 2014 e ten actuado en moitas salas e incluso en algún festival como o Noroeste Pop Rock. Compatiu escenario con Mäbu, Sivia Penide ou Ivy Moon. Presentará o seu último traballo “Guerrilleira”, doce temas vencellados a un motivo común: a guerra.

ITH: Miguel: guitarra; Toxo: guitarra; Folgueira:batería; Gonzalo:baixo ; Lucía:voz ITH toma o seu nome do fillo de Breogán. Con tres maquetas no seu palmarés, cun disco gravado en directo, cun CD en acústico e cun DVD en vivo. Así mesmo, e ao longo destes anos, realizaron numerosas actuacións pola xeografía galega. Algunhas delas, ademais, compartindo cartel e escenario con grandes bandas do panorama musical español como Los Suaves ou Celtas Cortos. A música de ITH guíase polas influencias de diversos grupos do rock, do heavy ou do pop, influencias que achegan cada un dos seus compoñentes, e que se aglutinan nos seus temas.Estrean 2015 cun novo traballo: “Forte”,cheo de temas que navegan entre o rock e o pop máis enérxico,escritas en galego e de composición propia