Noticias de Hoy
ribadeo indiano 2019
Fecha: 28/06/2019 a 14/07/2019
Horario: 01:00 a 01:00

Ribadeo Indiano 2019. Programa completo

Ribadeo Indiano 2019. Del 12 al 14 de julio.

A sexta edición do Ribadeo Indiano será do día 12 ao 14 de xulio. Habrá música, teatro, visitas guiadas, conferencias... etc.


ANTEVÉSPERAS


Venres 28 de xuño de 2019

19:30 h. Na Oficina de Turismo de Ribadeo. Inauguración da EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “Nós tamén fomos emigrantes”. Afundación. Obra Social ABANCA.

Luns 1 de xullo de 2019

12:00 h. No Salón de Plenos do Concello de Ribadeo. Presentación do cupón da ONCE dedicado ao “Ribadeo Indiano”.


VÉSPERAS


Do 6 ao 9 de xullo.

Ciclo de cine cubano en saúdo ao 60 aniversario do ICAIC e ao 500 aniversario da Habana. Introducido por D. Ángel Torres Jaime, Cónsul da República de Cuba en Galicia.

Sábado 6 de xullo

23:00 h. No Teatro de Ribadeo. Habanastation. Longametraxe de ficción e ópera prima do realizador cubano Ian Padrón. Ministerio de Cultura de Cuba. ICRT. ICAIC.

Domingo 7 de xullo

23:00 h. No Teatro de Ribadeo. Clandestinos. Longametraxe de ficción realizada en Cuba. Conta a vida dun grupo de mozos que loitaron contra o goberno de Fulgencio Batista durante os anos cincuenta en Cuba.

Luns 8 de xullo

21:00 h. No Teatro de Ribadeo. Un hombre de éxito. Longametraxe dramática cubana, estreada en 1986 e dirixida por Humberto Solás. Trala caída da ditadura de Gerardo Machado en 1933, un mozo ambicioso proponse introducirse definitivamente nas esferas sociais máis poderosas.

Martes 9 de xullo

21:00 h. No Teatro de Ribadeo. Fresa y chocolate. Longametraxe cubana de 1993, codirixida por Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabío. Coprodución cubano/española/mexicana. De xénero dramático, é un dos primeiros exemplos de temática LGBT no cine realizado no Caribe.


Programa 2019


Venres 12 de xullo de 2019

19:00 h. No Teatro da nosa vila. Solemne PRESENTACIÓN da VI Edición do Ribadeo Indiano. Intervirán:

  • D. Fernando Suárez Barcia. Alcalde de Ribadeo.
  • D. Ángel Torres Jaime. Cónsul da República de Cuba en Galicia.
  • D. Eduardo Gutiérrez Fernández. Cronista Oficial de Ribadeo.
  • Francisco Miguel Iriarte Quintana. Presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.

19:15 h. No Teatro. PREGÓN a cargo do insigne arquitecto e ilustre coñecedor da construción civil indiana D. Ernesto Cruzado Estévez.

19:45 h. No Teatro. REPRESENTACIÓN MUSICAL: “De ida e volta”, a cargo dos magníficos músicos do Grupo Compay Segundo.

20:00 h. BAIXADA AO PORTO DE PORCILLÁN acompañados do célebre grupo de música Cuarteto Tradicional Illa Pancha.

20:30 h. No peirao de Porcillán. ANIMACIÓN TEATRAL: ”A chegada de Cuba” a cargo do excelente Grupo de Teatro de Ribadeo.

21:00 h. No peirao de Porcillán. ACTUACIÓN MUSICAL da reputada Banda de Música Municipal de Ribadeo.

21.:30 h. Animada SUBIDA DENDE O PORTO con parada e actuacións musicais en:

  • Escaleiras de Martínez: Habana Café
  • Patín: Coro Sagrado Corazón interpretando “Vilameiga” e “Cubanita”.
  • Fonte dos Catro Canos: A lo Cubano

22:30 h. No quiosco da Música. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo do fabuloso grupo Habana Café.

00:00 h. No quiosco da Música. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo do espléndido grupo A lo Cubano.

Ao longo de todo o día encontrámonos nas concorridas Casas de Comidas e Bebidas.

Sábado 13 de xullo de 2019

10:30 h. a 11:30 h. Na Sala de Exposicións do Parque de San Francisco. Recepción dos/as artistas participantes no CERTAME BENÉFICO DE PINTURA ao aire libre Ribadeo Indiano.

11:00 h. No barrio de San Roque. Apertura do afamado MERCADO DE PRODUTOS DE ULTRAMAR.

11:00 h. En Rinlo. Visita á lendaria CASA INDIANA de Don Inocencio. Previa reserva*

12:00 h. No parque de San Francisco. Vistosa DEMOSTRACIÓN DE PETANCA a cargo do Club de Petanca Ribadeo coa participación de todas as persoas interesadas.

12:00 h. Na Praza de Abastos. A CHEGADA DOS HAIGAS. Exposición de luxosos coches da época.

12:00 h. Irrepetible VISITA TEATRALIZADA a cargo da nosa benquerida Jesusa da Mariana, veciña da vila e viúva de vivos e mortos.

12:00 h. En Rinlo. Coñece a CASA INDIANA do insigne benefactor Don Inocencio. Previa reserva*

12:30 h. No Teatro. COLOQUIO: “Cuba, a patria galega no alenmar” a cargo da prestixiosa escritora e xornalista María Xosé Porteiro e o ilustre cronista da emigración galega Martín Vizoso, e coa colaboración da serea do Cantábrico: Ugia Pedreira.

12:30 h. No barrio de San Roque. Animada REPRESENTACIÓN MUSICAL a cargo de Nacho “Habanero” e o seu grupo de animación.

12:30 h. Na praciña de San Roque. RECANTO INFANTIL: divertidos xogos tradicionais e entretido e imaxinativo obradoiro de papalotes (papaventos) a cargo de ConSentidiño.

13:30 h. No barrio de San Roque. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo da magnífica Banda Municipal de Música de Ribadeo.

13:30 h. Polas rúas da Vila. CANTOS HABANEROS a cargo do respectable grupo Atalaia.

14:00 h. Na praza do Cantón. Entretida AMBIENTACIÓN MUSICAL a cargo de Nacho “Habanero” e o seu grupo de animación.

16:30 h. a 18:30 h. Na Sala de Exposicións do Parque de San Francisco. Recollida das obras participantes do CERTAME BENÉFICO DE PINTURA ao aire libre Ribadeo Indiano.

16:30 h. No parque de San Francisco. EXHIBICIÓN da maxestosa arte do DOMINÓ.

17:00 h. Na Escola de Música. Interesante CLASE MAXISTRAL DE CLARINETE a cargo dos virtuosos integrantes do Grupo Compay Segundo: Rafael Inciarte Rodríguez (Clarinete ),
Haskell Armenteros Pons (Clarinete ) e Rafael Inciarte Cordero (Clarinete baixo).

17:00 h. Anímense de novo a vivir unha apaixonante XINCANA a cargo de ConSentidiño. Previa reserva**

17:00 h. En Rinlo. Coñece a maxestosa CASA INDIANA de Don Inocencio. Previa reserva*

17:30 h. PASEO CULTURAL polo legado indiano comentado polo inesquecible D. Xosé María Alonso de Trelles, “Viejo Pancho”. (Suso Martínez, guía-actor). Previa reserva*

17:30 h. No parque de Indianos. Participa no popular VI GRAN ABERTO DE QUIMBUMBIA (Billarda) do Ribadeo Indiano.

18:00 h. Polas engalanadas rúas da Vila. CANTOS HABANEROS a cargo do grupo Atalaia.

18:00 h. No Cantón dos Moreno. Dinámico TALLER DE BAILE “Rueda Casino” a cargo de Nacho “Habanero” e o seu grupo de animación.

18:00 h. En Rinlo. Coñece a CASA INDIANA de Don Inocencio, emprendedor con éxito alén dos mares. Previa reserva*

18:00 h. Na Praciña de San Roque. Animoso CONTACONTOS MUSICADO. “O pozo das señoras”, a cargo de Rilo & Penabique.

19:00 h. No Teatro. CONFERENCIA “A epopea indiana: crónicas e novelas”. a cargo de Xavier Alcalá, ilustre escritor e fondo coñecedor da emigración galega en América.

20:30 h. No Barrio de San Roque. Célebre e histórico FESTIVAL DE HABANERAS E MÚSICA HISPANOAMERICANA “RÍA DE RIBADEO (Edición número XXV).

  • Agrupación Polifónica Centro Asturiano, de Avilés.
  • Coral Polifónica Airiños da Capela, de Ferrol.
  • Coral Polifónica de Ribadeo.

22:30 h. No Quiosco da Música. Entrega de premios do CERTAME BENÉFICO DE PINTURA ao aire libre Ribadeo Indiano.

23:00 h. No Quiosco da Música. Recreación dunha concorrida VERBENA TRADICIONAL a cargo dos maxistrais grupos de música Comando Curuxás e Son de Camagüey.

Ao longo de todo o día encontrámonos nas gorentosas Casas de Comidas e Bebidas.

Domingo 14 de xullo de 2019

10:00 h. Na Praza de Abastos. GRAN MERCADO DA HORTA.

11:00 h. PASARRÚAS a cargo da tradicional e benquerida Asociación Amigos da Gaita.

12:00 h. VISITA TEATRALIZADA a cargo da rexoubeira Jesusa da Mariana, veciña da vila e viúva de vivos e mortos.

12:00 h. Na rúa San Francisco. ESPECTÁCULO DE MÚSICA E BAILE a cargo de Nacho “Habanero” e o seu grupo de animación.

12:30 h. No barrio de San Roque. EXHIBICIÓN DE VEHÍCULOS CLÁSICOS (os elegantes haigas)

13:00 h. No Quiosco da Música. SUBASTA BENÉFICA dos cadros do CERTAME DE PINTURA ao aire libre Ribadeo (os ingresos recadados irán destinados ao hospital Hijas de Galicia da Habana).

13:00 h. No Círculo Habanero da Devesa. Festiva SESIÓN VERMOUT a cargo da espléndida Rondalla Latexos.

14:00 h. No Círculo Habanero da Devesa. Popular XANTAR CAMPESTRE. Previa compra de tickets***

16:30 h. No Círculo Habanero da Devesa. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo do excelente grupo cubano Timbabana.

17:30 h. Dende o Círculo Habanero da Devesa. PASEO CULTURAL polo legado Indiano de Vilaframil, Rinlo e A Devesa comentado polo carismático D. Xosé María Alonso de Trelles, “Viejo Pancho” (Suso Martínez, guía-actor). Previa reserva*

18:00 h. No Círculo Habanero da Devesa. MOSTRA da experiencia acumulada polos maiores do lugar na arte do DOMINÓ.

18:00 h. No Círculo Habanero da Devesa. ACOMPAÑAMENTO MUSICAL a cargo de Nacho “Habanero” e o seu grupo de animación.

20:30 h. No maxestoso barrio de San Roque, no centro da vila. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo do mundialmente recoñecido Grupo Compay Segundo – La Leyenda del Chan Chan.

22:00 h. No mesmo barrio de San Roque. SORTEO PRESENCIAL da VIAXE A CUBA.

Ao longo de todo o día encontrámonos nas hospitalarias Casas de Comidas e Bebidas.

ribadeo indiano