Resurrection Fest 2021, en Viveiro.
Viveiro, Lugo, España
En vista á situación actual, o 15º aniversario do Resurrection Fest aprázase ao 2022, así o comunicou a organización. A 15ª edición do festival realizarase do 29 de xuño ao 2 de xullo de 2022, na fin de semana habitual dos últimos anos.
“Unha vez máis e ante todo, queremos agradecervos todo o voso apoio, confianza e comprensión tras este último ano. Do mesmo xeito que afectou a moitísima xente, para nós foi o maior golpe das nosas vidas como festival, un ano terrible en moitos aspectos, pero estivestes aí connosco esperando por boas noticias e seguíndonos. Sempre fostes o mellor público de España e ano tras ano seguídelo demostrando. Grazas, de corazón!”, din dende a organización do festival.
Así, tal e como ocorreu no 2020, todas as entradas compradas previamente (abonos, Resucamp, viaxes…) serán válidas o ano que vén sen necesidade de facer nada pola vosa banda.
Aínda que máis adiante haberá unha plataforma para poder revender eticamente e de maneira segura as entrada a un amigo ou familiar que non puidese comprala previamente ao estar o festival “ sold- out”. Se non se puidese asistir tamén se poderá tramitar a devolución da entrada sen problema.
Conta que do mesmo xeito que o ano pasado, o 2022 teña un cartel similar ao de 2020 e 2021, mantendo moitísimas das bandas e con novas sorpresas.
O CARTEL 2021
Tralos suecos Sabaton, o cartel presentado ten numerosas ofertas como, Bullet For My Valentine, que volverán a España tras 5 anos do seu último concerto e presentarán os seus últimos traballos para todos os seus fans.
Un dos referentes do black metal a nivel mundial e banda de culto, Emperor, tamén estarán por fin en Viveiro, e actuarán no escenario principal. Opeth repetirá no cartel, do mesmo xeito que Heaven Shall Burn, Sepultura ou Jinjer. Como novidade, no Main Stage tamén estará Rise of the Northstar e Spiritbox, e confírmanse a Caliban, Bleed From Within e Serrabulho na warm- up. Pechando a programación do escenario principal, estarán de novo a Dagoba, Beyond The Black, Eskimo Callboy, Our Hollow Our Home, e Deadly Apples.
Nos escenarios temáticos participarán grandes artistas que visitarán por primeira vez o festival ou que volverán tras moito tempo.
No Ritual Stage contarán con Code Orange, Dark Funeral, Haken, Sylosis, Angelus Apatrida, Vomitory, Neaera, Benighted, Gaerea, ou Dead Label.
No Chaos Stage, escenario de hardcore e punk, gozarán da festa de Reel Big Fish, Madball, Lionheart, Raised Fist, Moscow Death Brigade, Doyle, Employed to Serve, Svalbard, Blowfuse, Free City, e True Mountains, entre outros.
Por último, no Desert, os atronadores Godflesh, o carismático Nergal co seu proxecto Me And That Man, o post rock de And So I Watch You From Afar, Elder, Planet of Zeus, The Picturebooks, Celeste, O Altar do Holocausto, Adrift, Regarde Lles Hommes Tomber e Chris Masuak cos seus Viviero Wave Riders Association tamén estarán con presentes no festival.
Na programación do ano que vén tamén contarán con todos os artistas nacionais que tiñamos o ano pasado.