Noticias de Hoy
novadanza
Fecha: 06/11/2020
Horario: 20:30

Representación de Leira, de Nova Galega de Danza

Será no Auditorio Gustavo Freire o 6 de novembro

Actuación de Nova Galega de Danza, que porá en escea o espectáculo Leira dentro do ciclo LED Lugo en Danza, un ciclo de programación e mediación cultural ao redor da danza e as artes do movemento. Será no Auditorio Gustavo Freire, o 6 de novembro ás 20.30 horas.

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgo- table de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas pai- saxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreo- grafía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica. 

Dirección artística: Jaime Pablo Díaz 

Coreografía: Iker Gómez 

Escenografía: Jaime Pablo Diaz 

Composición musical: Sergio Moure de Oteyza 

Voz e música en directo: Rosa Cedrón 

Voces: Aida Tarrío 

Percusións: Miguel Anxo López 

Deseño e iluminación: Antón Cabado 

Vestiario: Erica Oubiña 

Son: Alberto Beade 

LED

No primeiro LED, que nace en 2020, haberá un total de oito propostas escénicas  de xaneiro a maio, cunha selección principalmente de produción galega. Queremos apostar  polo traballo dos artistas da nosa comunidade, abrindo un novo espazo para a difusión das súas pezas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635