Noticias de Hoy
a nena que que queria navegar en vigo
Fecha: 24/01/2021
Horario: 18:30

Representación da obra A nena que quería navegar de Redrum

Domingo 24 de xaneiro ás 18.30 no Auditorio municipal Gustavo Freire

A compañía Redrum Teatro achega a Lugo un espectáculo familiar sobre o acoso escolar recomendado para mozos e mozas entre seis e doce anos. A nena que quería navegar, protagonizada por Guillermo Carbajo, Laura Míguez e Carlos Álvarez- Ossorio, a montaxe dirixida por Álex  Sampayo representarase o vindeiro domingo 24 de xaneiro ás 18.30 no Gustavo Freire de xeito gratuito. O argumento da obra xira entorno a unha nena que está farta de ser o centro das burlas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura atoparase co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós escóndese un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de conseguir todo o que nos propoñamos.