Volve o Qui Roma coa súa VIII edición en Quiroga, unha festa castrexo romana na que diversas compañías e particulares viven unha xornada histórica na que haberá mercado romano con artesanía e productos típicos, obradoiros infantís, actuacións de música tradicional, mostras artesanais, xogos de ambientación romano castrexo, desfile de romanos e castrexos e loita de gladiadores.
Así, concretamente, o sábado 19 a festa dará inicio ás 9.30 horas coa ruta de cabalos e ás 11.00 horas abrirá o mercado do Qui-Roma cunha demostración de gancho e traballos de arame. Tamén a esa mesma hora haberá actividades para os máis pequenos e a actuación dos Gaiteiros Romanos Os Palletas.
Ás 11.30 horas terá lugar o I Desfile da Garda Romana Lucus Equites e ás 12.45 horas comezará a actuación da Garda Romana Lucus Equites. Ás 13.00 horas dará inicio a sesión vermú co dúo Dous En Punto e ás 13.30 horas comezará a comida, con polbo e churrasco.
Xa ás 16.30 horas darán comezo as actividades para nenos e nenas, consistentes en talleres, escola de pequenos gladiadores e ás 18.30 horas haberá un Bingo-Qui Romano. Pola súa parte, ás 19.00 horas celebrarase o II Desfile dá Garda Romana Lucus Equites e, ao mesmo tempo, o espectáculo circense de Arturo Cobas Show.
Máis tarde, ás 20.30 horas, terá lugar o desfile Qui-Romano “Arde Loucus” e ás 21.00 horas terá lugar o espectáculo-recreacción da loita de gladiadores Qui-Romanos Vs Castrexos. Despois, ás 21.30 horas, haberá unha gran paellada para todos os asistentes, que rematará ás 23.00 horas co concerto de The Loriens, e a partir das 00.30 horas continúa a festa con disco móbil Dolce Vita.