Noticias de Hoy
xornadas-de-cine-rural-friol
Fecha: 16/03/2024
Horario: 18:00

Proxección O Empalme. Unha historia rural colectiva

En marzo o concello de Friol poderá desfrutar de catro tardes de sábado de cine, grazas ás Xornadas de Cine Rural que o concello organiza en colaboración co Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC, representado neste caso polo veciño de Friol Suso Rodríguez.

Para rematar con estas xornadas de Cine Rural, o sábado 16 de marzo, proxectarase O Empalme. Unha historia rural colectiva, documental dun marcado carácter intimista, que realiza un percorrido pola historia dun dos barrios de Cabreiros, o barrio do Empalme. No contido deste traballo audiovisual pode contemplarse como era o xeito de vida de hai 50 anos dun barrio claramente rural. Entre os aspectos especialmente presentes encóntrase o desenvolvemento das actividades agrarias, as profesións de moitos dos seus veciños e veciñas e as actividades lúdicas comúns no seu vivir diario, así como a súa íntima relación coa vida laboral, a familia, a escola…