Visitas teatralizadas, actuacións musicais, visitas e exposicións forman parte da nova programación de actividades do Cemiterio enmarcadas no primeiro semestre do 2024 e que se estenderán ata o mes de xuño. Como cada ano, as tradicionais visitas teatralizadas estarán representadas da man de Achádego Teatro.
Ademais, tamén poderase visitar todas as fins de semana e festivos as exposicións dispoñibles, tanto a permanente na que podemos percorrer a historia dos enterramentos dende a época romana, como a exposición Memoria Viva na que se recollen as distintas actividades culturais que se desenvolven ao longo do ano no Cemiterio. Deste xeito, continúan a ofrecerse visitas guiadas para escolares polas instalacións do cemiterio, co fin de coñecer toda a historia que alí se garda. Para obter máis información existe un correo electrónico a disposición dos centros educativos interesados: cemiterio@lugo.gal.
Programación completa do Cemiterio de Lugo
- 10 de marzo. Representarase a obra Mulleres Destacadas.
- 14 de abril. Mallo, Asorey e os seus anxos
- 12 de maio. Escoitando aos escritores/as, e rematarán o 9 de xuño coa obra Da Negra Sombra a Sabeliña.
- 17 de marzo. Intervención musical de Iria Estévez
- 5 de maio. Intervención musical de Iria Estévez