O vindeiro sábado ás 12.30, preséntamos a novela 'O álbum de Garrincha’ publicado pola editorial Galaxia dentro da súa colección Árbore.
No acto participan a autora Beatriz Maceda, a ilustradora Laura Veleiro e Lois Pérez.
O ÁLBUM DE GARRINCHA:
Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo, ou coxo completo, coa columna vertebral como unha interrogación. Ninguén pensou nunca que chegaría gañar o Mundial e ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos. A historia de Garrincha é a que ten sempre en mente o protagonista desda novela que, a través do fútbol, vai conseguir entender o mundo, ás veces hostil, que o rodea.