Presentación libro Chafarís de Xoán Neira en Lugo
Chafarís son unha ducia de poemas, ilustrados a cor por Ánxeles Ferrer, que achegan aos nenos ata obxectos cotiás como o reloxo, o paraugas, a lámpada ou o chafarís; pero tamén a animais coma o morcego, o peto ou as aves migratorias; e a outros temas polos que senten interese como os fantasmas ou as estrelas do ceo.
O venres 3 de novembro, a partir das sete da tarde, Xoan Neira vai presentar o seu poemario infantil Chafarís, un libro editado por Edicións Embora e ilustrado pos Anxeles Ferrer.
Na presentación estará acompañado por Miguel Toval e Xosé Miranda.
Tamén van participar os nenos: Angela, Jesús e Antía que recitarán algúns dos poemas.