Noticias de Hoy
Camarada
Fecha: 04/06/2014
Horario: 21:00

Presentación do libro: Camarada: éu so quería facer algo bonito

Este mércores terá lugar na librería Trama a presentación do libro 'Camarada: éu so quería facer algo bonito' de Begoña Díez. O poemario foi editado por Follas Novas dentro da súa colección Os Libros do Loureiro e no acto acompañará á autora Javier Gómez vázquez.

Begoña Díez Sanz naceu en Valladolid en 1978, aínda que reside en Santiago de Compostela dende o 2001. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela cun mestrado en Estudios Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura, e outro en Ensino do Español como Lingua Estranxeira. Dende 2011 ten participado en diversos congresos internacionais relacionados coa literatura e a teoría literaria. Autora de varios artigos sobre microrrelato e teatro breve, na actualidade traballa como docente de español para estranxeiros e como voluntaria na Cruz Roja impartindo clase de lingua castelá e galega para adultos.