Darío Xoán Cabana, Mercedes Queixas e Víctor F. Freixanes presentarán os libros, 'Manuel María. Antoloxía poética' e 'Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María'.
A súa obra poética e a súa biografía, recreadas por Darío Xohán Cabana, Amelia Outeiro Portela e Mercedes Queixas Zas. Dous libros imprescindibles para coñecer a figura a quen a RAG dedica o próximo 17 de maio
Darío Xohán Cabana preparou un interesantísimo ensaio para a comprensión da obra dun dos grandes das letras galegas contemporáneas e, xunto con Amelia Otero, escolmou unha selección de textos representativos da súa xenerosa produción.
Mercedes Queixas, autora do interesante libro de conversas con Maria do Carme Krukenberg ("Vivir, Unha aventura irrepetibel". Galaxia, 2011) ofrécenos a biografía do poeta, que el mesmo se definiu en vida coma un poeta labrego.