Presentación do libro en Lugo: Antología da poesía em galego, Carvalho Calero.
Cultura do País presenta a “Antología da poesía em galego, Carvalho Calero”
A Asociación Cultural Cultura do País presenta, xunto con Através Editora e a librería
Trama, a “Antología de poesía de Carvalho Calero”, coa presenza do editor Paulo
Fernández Mirás e da escritora lucense Carmen Blanco, responsábel do prólogo.
O acto terá lugar o vindeiro sábado 1 de febrero as 12.30 horas na librería Trama, e
consistirá nunha conversa con ambos escritores ao redor da figura a quen se lle dedica
o vindeiro dia das Letras Galegas, o escritor Carvalho Calero.
O editor Paulo Fernandez Mirás acaba de ser nomeado académico da AGLP e realizou
diversos ensaios en torno a figura do escritor ferrolán.
A escritora lucense Carmen Blanco é profesora de Literatura Galega na Facultade de
Humanidades na USC. Publicou ensaio, poesía e narrativa, tanto individualmente como en colaboración con numerosos autores e autoras galegas e de fora