Presentación de TRANSICIÓN, de Pablo Fernández Barba, en Lugo.
Esta fin de semana imos até Lugo por mor dunha nova presentación de TRANSICIÓN, novela coa que Pablo Fernández Barba gañou o XVI Premio Vicente Risco de Creación Literaria. O autor estará acompañado por Tomás González Ahola, editor de Urco.
¡Vémonos na libraría Trama ás 12!
Unha investigación criminal fortuíta.
Un relato gótico.
Unha reivindicación da memoria.
Unha emenda á totalidade dese, disque exemplar, modelo político que nos trouxo até onde estamos.
Unha denuncia furibunda ao xornalismo que sofre este país.
Unha homenaxe á lingua que esmorece dentro das nosas vilas e que, malia todo, loita por sobrevivir alén das nosas fronteiras.
Todo, ou nada diso, é Transición.