Noticias de Hoy
Fecha: 31/03/2014
Horario: 21:30

Presentación da revista Zona Press

Hora
20:30: Presentación da revista Zona Press
21:00: Charla-coloquio con Javi Muñoz e Lisardo Gómez, co título: "A meta do ascenso"

O vindeiro luns terá lugar na librería Trama a presentación da revista Zona Press. Os protagonistas da portada, Michel Diouf e Tyrus McGee, achegaranse á librería para asinar exemplares da publicación.

Posteriormente terá lugar unha charla-coloquio cos preparadores do Ensino e o Breogán. Logo de que Óscar Losada, director de Zona Press, fale con eles sobre as traxectorias das súas escuadras, haberá tempo para que o público asistente participe no coloquio e poida preguntar o que desexe aos máximos responsables técnicos das escuadras lucenses máis representativas no eido do baloncesto.