Noticias de Hoy
Nunha presa de terra
Fecha: 06/02/2014
Horario: 20:00

Presentación da novela: Nunha presa de terra

Presentación da primeira novela de Paco Castro, NUNHA PRESA DE TERRA.
No acto, que terá lugar o 6 de febreiro de 2014 na Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo,ás 20:00 horas, intervirán, ademais do autor, Darío Xohán Cabana e Lucía Medina.

O escritor e membro do PAS da Universidade de Santiago de Compostela, Paco Castro Alvaredo (O Incio, 1953), presentará este xoves, día 6 de febreiro, a partir das 20.00 horas, a súa primeira novela, unha obra publicada por Edicións Laiovento e que se desenvolve baixo o título ‘Nunha presa de terra’.

Afeccionado a escribir desde a época da escola, este traballador da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, retrata na súa primeira novela a esencia dunha cultura labrega desaparecida nos últimos anos do século pasado.

Paco Castro, que mantén moi presente neste obra a súa condición de neno labrego, profundiza tamén nas páxinas de ‘Nunha presa de terra’ nas súas propias raíces, localizadas no lugar de Novelín, no corazón do Val do Mao.

O académico Darío Xohán Cabana, cuxa reseña serve de peche desta novela de Paco Castro, “ unha obra que sen pretensión de ser etnográfica, ofrece unha portentosa descición da vida labrega polas terras do Incio, e a tamén PAS da Universidade de Santiago de Compostela Lucía Medina, tamén intervirán na presentación desta novela de Paco Castro

Web: www.concheiros.net