Noticias de Hoy
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 29/11/2013
Horario: 21:00 a 21:00

Presentación da Banda Filharmónica de Lugo

A Sociedad Filarmónica de Lugo e os músicos da Banda Filharmónica de Lugo teñen o pracer de convidala/o ao concerto de presentación desta nova agrupación musical xuvenil, que terá lugar no Salón Rexio do Círculo das Artes o próximo venres, 29 de novembro, as 21:00 h. con ENTRADA LIBRE.

Pequena historia da Filarmónica de Lugo

Por iniciativa dun grupo de lugueses, sensibles á tradición polifónica da cidade e excelentes compoñentes dun conxunto de pulso e puga chamado ROCHO MUSICAL, fundouse en decembro de 1.946 sendo os seus fins el fomento y difusión del arte musical.

Comeza a súa actividade social o 17 de Maio de 1.947 cun concerto a cargo da Orquesta Municipal de Bilbao. Desde entón e ininterrumpidamente leva organizadas máis de 600 actuacións que fixeron posible a audición en Lugo de destacadas agrupacións e solistas de todo o mundo.

Orquestras como Real Filharmonia e Sinfónica de Galicia, Sinfónica de Bilbao, Sinfónica de Madrid, Sinfónica de Alemania; de Cámara de Israel, Munich, Viena, Versalles, Berlín, París, Moscú; directores como Arámbarri, Frübeck de Burgos, Comisione, Von Benda, Abbado (Pai); Agrupacións Corais como Orfeón Pamplonés, Camerata de los Angeles, Pequenos Cantores de Viena e renomeados solistas como Narciso Yepes, Miguel Zanetti, Renata Tarragó, Rosa Sabater, Takashi Simizu, amosan a boa calidade dos interpretes que pasaron por esta Sociedade Filarmónica.

A temporada desenvólvese entre os meses de outubro a maio cun promedio de dez recitais.

Como entidade cultural relevante, contribuíu á fundación do Patronato Pro-Música colaborando na institución das Semanas de Música do Corpus Lucense e na creación do Conservatorio. Mantén convenios coa Deputación Provincial, coa Universidade de Santiago de Compostela, co Conservatorio Profesional de Música de Lugo e co Centro de Musica do Colexio Fingoi co fin de facer máis doada a asistencia do colectivo xuvenil, contribuíndo así a difundir a arte musical e a fomentar un ocio culto.

As audicións celébranse, agás casos particulares, no Salón Rexio do Círculo das Artes.