PHANOMENTA, unha exposición no que se poderá experimentar con diferentes fenómenos físicos que organiza o Centro Comercial As Termas e que xa visitou máis de 100 centros comerciais por toda Europa.
A exposición Phanomenta permite facer un percorrido por 23 activiades diferentes nas que se invita aos visitantes a que comproben de primeira man como funcionan as leis físicas da Natureza como a gravidade, a velocidade ou o equilibrio. Todas as actividades contan coa supervisión dun monitor que desvela as claves de cada un dos fenómenos naturais. Este é un proxecto creado polo Centro de Investigación más antigo de Alemaña, Phanomenta Flensburg, e a Universidade de Flensburg.