O Festival Osa do Mar de Burela vén de confirmar a programación completa da súa oitava edición do festival burelés que se celebrará a fin de semana do 2 e 3 de setembro. O festival de música alternativa comezará o xoves 1 de setembro, para ir abrindo boca, coa cantante Leah Woods, que actuará no rincón a pé de praia. Xa o venres 2 de setembro, na praza do Concello, serán os concertos de Berto, Karavana, La La Love You e Anabel Lee. Na xornada do sábado 3 poderase desfrutar da sesión Bearmú a cargo de Mariagrep, Niña Polaca e do gran Zé Pequeno. Durante a tarde de peixe no Barco Museo Bonitero Reina del Carmen, A Pedreira e Biela, porán a nota musical a partir das 18.00 horas. Pola noite, de novo na praza do Concello, será a quenda de Aiko El Grupo, Grande Amore, Arde Bogotá e The Rapants. Como nos últimos anos contarán cos amigos de Grande Osso para animar o inicio, entre concertos e o final da xornada do sábado no escenario Vibra Mahou da praza do Concello de Burela. As entradas están á venta na páxina web do festival ou na plataforma wegow, pode mercarse o bono para os 2 días, ou entradas para o venres e o sábado. Os concertos do barco museo serán de balde. Este festival está organizado pola Asociación Cultural Fanto Fantini que “segue coa mesma ilusión do principio, e traballamos para que esta oitava edición que estea moi viva”.