Presentación da publicación editada por aCentral Folque: Os contos de Joselín. Primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954). Conta coa presenza de Ramom Pinheiro Almuinha, director artístico d’aCentral Folque, coordinador da publicación, iniciador da pesquisa e compilador dos arquivos sonoros incluídos no CD publicado.
Pinheiro mergúllanos nunha conversa rica e entretida que nos fai deambular polo teatro, a política, os mass-media, o cinema ou a emigración da Galiza do s.XX.
Esta será a única presentación en Lugo.