O MIHL ofrece a exposición: Olería tradicional de España: medidas do viño.
A inauguración terá lugar o día 15 de xaneiro de 2014 ás 19.00 horas e está aberta a todo o público.
A mostra “Olerías de España: medidas do viño” vaise inaugurar nun acto no que está programada unha conferencia sobre “Alfarería insólita”, que correrá a cargo de Lucía Blesa e Domingo Sanz. Tamén haberá unha visita guiada á exposición, que estará dirixida polo comisario da mostra, Ricardo Fernández.
A exposición poderase visitar durante dous meses, ata o 15 de marzo.