Fomentan a creatividade, contribúen ao desenrolo da personalidade, favorecen a psicomotricidade, a expresión oral, a concentración, a memoria e o interese polos demáis.
Acercan aos asistentes a técnicas e estilos descoñecidos para eles, que pouco a pouco son capaces de levar a cabo por sí sos. Ademais, manteñen unha relación de amizade cos compañeiros ao teren aficións en común.
Estes talleres lévanse a cabo semanalmente: dúas horas cada día durante unha semana (de luns a venres) contando un total de 10 horas.
A maioría dos talleres están dirixidos para rapaces a partir dos 13 anos aos 17, de luns a venres de 17:00 a 19:00h actividades creativas como manualidades, fotografía, pintura…
As actividades estarán adecuadas ás idades dos asistentes. Os obradoiros que desenrolaemos son:
-Primeira semana de Xullo:Fotografía dixital para nenos e nenas de 8 a 15 anos e Encadernación artesanal do libro de 13 a 17 anos
-Segunda semana de Xullo: Customize ou modifica-la nosa roupa de forma personalizada de 13 a 17 anos e Retoque fotográfico de 13 a 17 anos.
-Terceira semana de Xullo: Manualidades con materias de refugallo de 13 a 17 anos e Iniciación ao mundo do cine de 13 a 17 anos.
O prezo dos talleres oscila entre os 30 e 40€ semanais, dependendo do obradoiro e inclúen todo o material.
Máis información e inscricións no tlf 622 618 535 ou na páxina de Facebook.